Treosa

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Treosa
Remove ads

A treosa é un monosacárido de catro carbonos coa fórmula molecular C4H8O4. Polo seu número de carbonos é unha tetrosa, condición que comparte coa eritrosa e eritrulosa. Ten un grupo aldehido terminal na súa cadea lineal, polo que é unha aldosa. Presenta estereoisómeros D e L, a D-treosa e a L-treosa, que aparecen na mesma cantidade nas mesturas racémicas.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
Proxección de Fischer dos dous enantiómeros da treosa

A raíz "treo" do que deriva o nome da treosa (e a raíz "eritro" da que deriva o nome do seu diastereoisómero eritrosa) dános unha maneira útil de describir estruturas orgánicas xerais que teñen centros quirais adxacentes, na que os "prefixos... designan a configuración relativa dos centros".[2] Na proxección de Fischer da D-treosa, os substituíntes adxacentes teñen unha orientación sin no isómero denominado "treo", e son anti no isómero denominado "eritro".[3]

No chamado ácido treonucleico ou ácido nucleico de treosa, a treosa fai o mesmo papel que a ribosa e a desoxirribosa no ARN e ADN.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads