Tromboxano B2
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O tromboxano B2 é un metabolito inactivo producido a partir do tromboxano A2. Elimínase case completamente pola urina.
Non está directamente implicado na activación e agregación das plaqueta en caso de haber unha ferida, pero o seu precursor, o tromboxano A2, si. A síntese do tromboxano A2 é a diana sobre a que actúa a aspirina, que inhibe o encima COX-1 (que produce o tromboxano A2 nas plaquetas).[1]
O 2-(3,4-di-hidroxifenil)-etanol (DHPE) é un compoñente fenólico do aceite de oliva extra virxe. Unha fracción de aceite de oliva que conteña DHPE pode inhibir a agregación plaquetaria e a formación de tromboxano B2 in vitro.[2]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads