Vadim Demidov
futbolista noruegués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Vadim Sergeievich Demidov (en ruso: Вади́м Сергеевич Деми́дов, en letón: Vadims Demidovs), nado en Riga o 10 de outubro de 1986, é un futbolista letón nacionalizado noruegués que xoga na demarcación de defensa.
Remove ads
Remove ads
Traxectoria
Nado en Letonia cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética, forma parte da minoría rusa do país. O seu pai Segei Demidov fora internacional coa Selección soviética de Balonman. Tras o desplome da Unión Soviética emigra coa familia a Noruega ao ser contratado seu pai como adestrador de balonmán.
Comezou a xogar no Sandefjord BK da Adeccoligaen, onde sufriu unha importante lesión. Tras recuperarse marchou cedido ao Manglerud Star, onde chamou a atención do Hønefoss BK, tamén da Segunda División de Noruega.
A súa boa tempada no Hønefoss fixo que se fixaran nel os principais equipos de Noruega, fichando finalmente polo Rosenborg BK na tempada 2008/10
En xaneiro de 2011 queda libre no equipo noruegués e ficha pola Real Sociedad. Debuta en Primeira División o 29 de xaneiro de 2011. Pese a ser titular a maior parte da tempada, a consolidación doutros defensas fano perder a titularidade[1], polo que é traspasado ao Eintracht Frankfurt, recentemente ascendido á Primeira División Alemá[2].
No mercado de inverno da tempada 2012/13 é cedido ao Celta de Vigo[3]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads