Vivir sin permiso

serie de televisión española From Wikipedia, the free encyclopedia

Vivir sin permiso
Remove ads

Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)[1]-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.[2]

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Nemesio 'Nemo' Bandeira (José Coronado) é un home que se enriqueceu no pasado con actividades ilegais pero que conseguiu branquear a súa traxectoria ata erixirse nun dos empresarios máis influentes de Galicia, a través dunha importante compañía conserveira. Cando a Nemo lle diagnostican Alzhéimer, tratará de ocultar a súa enfermidade para non mostrarse vulnerable mentres pon en marcha o proceso para elixir o seu sucesor, o que provoca unha hecatombe na familia. Os seus dous fillos lexítimos que nunca tiveron interese algún polos negocios, Nina (Giulia Charm) e Carlos (Àlex Monner), de súpeto tentan demostrar que cada cal é o candidato máis adecuado. O seu afillado, o brillante e implacable avogado Mario Mendoza (Álex González), é obxectivamente o máis preparado, aínda que carece de algo vital: levar o mesmo sangue que o seu padriño. Ao saber que Nemo non o contempla como herdeiro do imperio, poñerá en marcha o seu propio plan sen abandonar o seu encantador sorriso, o que o converterá no máis perigoso e desapiadado dos seus inimigos.

Remove ads

Localizacións

A serie será rodada integramente en Galicia e a súa costa, creando así a ficticia comarca galega de Oeste. As impoñentes paisaxes, as xentes, os costumes, a gastronomía, o mar, o clima, as cores e a singular atmosfera de Galicia son parte fundamental da historia e imprimiren carácter á atmosfera e á estética da produción. O pazo da Toxeiriña en Lamas (Moraña), enclaves históricos do Salnés, A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, o porto de Vigo, Santiago de Compostela e o porto de Ribeira foron as localizacións onde se desenvolveu a rodaxe.[3]

Remove ads

Repartimento

Papeis principais:

Secundarios:

  • Luis Zahera - Antonio Yáñez Ferreiro «Ferro»
  • Pilar Castro - Asunción «Chon» Moliner
  • Àlex Monner - Carlos Bandeira Moliner
  • Unax Ugalde - Malcolm Sousa
  • Giulia Charm - Nina Bandeira Moliner
  • Ledicia Sola - Elisa
  • Pol Monen - Exprés
  • Carlos Hipólito - Fidel Lamas
  • Ricardo Gómez - Alejandro Lamas
  • Leonor Watling - Berta Moliner
  • Patrick Criado - Daniel Arteaga

Tempadas e episodios

Máis información Tempada, Episodios ...

O primeiro episodio da serie estreouse simultaneamente en 5 canles do grupo Mediaset España: Telecinco, FDF, Energy, Divinity e Be Mad logrando un share de 22,3% (3 047 000) simultáneo. As audiencias do primeiro episodio foron; Telecinco: 2 590 000 (19,0%) ; Energy: 148 000 (1,1%), FDF: 147 000 (1,1%), Divinity: 128 000 (0,9%) e BeMad: 34 000 (0,2%).

Máis información N.º (serie), N.º (temp.) ...

Reportaxes asociadas

Na súa emisión en Telecinco, os primeiros episodios da serie foron acompañados dunha serie de reportaxes relacionadas co narcotráfico nas rías galegas.

  • Los narcos que vivieron del mar
Máis información Programas emitidos, Nº ...
  • España mira a La Meca
Máis información Programas emitidos, Nº ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads