Voz Audiovisual
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,[1] coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.
A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.[1]
Remove ads
Clasificación na lista de actividades económicas CNAE 2009
Voz Audiovisual está clasificada dentro da lista de actividades do organismo estatal Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009) como:[1]
- 5915: Actividades de produción cinematográfica e de vídeo.
- 591: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión.
- 59: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical.
Datos de persoal e económicos
A empresa ten un tamaño por empregados situado no grupo de "entre 50 e 250", entre os que figuran 12 administradores ou directivos. De entre os balances dispoñíbeis, o último depositouse no rexistro mercantil en 2017. As vendas apuntadas no balance están no grupo de "entre 6 e 30 millóns de euros".[1]
Remove ads
Equipo de dirección
O equipo de dirección de Voz Audiovisual está formado por:[1][2]
- Administrador único: La Voz de Galicia S.A.
- Apoderado: Santiago Pérez Otero
- Directora: Fernanda Tabarés
- Directora de Produción: Paula Fernández González
- Director de Desenvolvemento: Alberto Guntín Araújo
- Director Técnico: Anxo Noya Castro
- Xefa de Produción / Servizos a empresas: Raquel Diz Infante
- Financeiro: Cristina García Beceiro
Algunhas producións
Series de televisión
A empresa especializouse na creación de series de televisión, programas de entretemento, telefilmes, longametraxes e documentais.
Entre as súas producións destacan:[2]
- Emitidas pola TVG
- Mareas vivas (que foi a primeira)
- Matalobos
- Padre Casares
- Terra de Miranda
- As leis de Celavella
- A vida por diante
- Chapa e pintura
- A miña sogra e mais eu
- Serramoura
- O final do camiño
- Urxencia cero
- Viradeira
Cómpre sinalar que a serie Padre Casares foi adaptada e transmitida por outras canles autonómicas: como Canal Sur, TV3, ETB, e outras.[3] A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, o Canal Sur andaluz emitiuna dobrada ao castelán, co título Padre Medina, e o Canal 9 en valencián, como Senyor retor; dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán,[4][5]
Así mesmo, que Serramoura pode verse en Rusia, dobrada ao ruso, desde o 25 de outubro de 2016 a través das canles de AXN SciFi (nome comercial co que opera a plataforma de televisión da multinacional Sony na Federación Rusa), que conta alí con 43 plataformas de difusión para todo o territorio. A serie emitirase na Federación Rusa baixo o título Черный лес (Cherniy les, tradución do título en inglés baixo o que se comercializa internacionalmente Serramoura (Black Forest, 'Bosque negro') a través da compañía de distribución Imagina International Sales, que xa avanza na negociación de novas vendas desta produción de Voz Audiovisual para TVG.[6]
- Emitidas por outras canles
- Desaparecida, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVE, e a súa secuela
- UCO: Unidad Central Operativa, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVE
- Nada es para siempre, emitida por Antena 3
- Néboa, emitida por TVE.
Documentais
- Vida nas mareas
- Camiño de Santiago
- Humedales del noroeste de España
- O mundo de Celavella
Programas de humor e entretemento
- A terra dos prodixios
- Son de estrelas
- Con perdón
- Perdelo todo
- As favoritas
- Mundo verbena
- Son de verán
- Buscando estrelas
Telefilmes
- La rosa de Alejandría
- Cita mortal en Up and Down
- Los mares del Sur (as tres, telefilmes da serie Pepe Carvalho)
- Vacas, porcos e zapatos de tacón
Participación na produción de filmes
Teatro
- Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo, con Luís Iglesia e Xabier Deive.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads