Wikimedista do ano
recoñecemento anual aos editores de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Wikimedista do ano é un recoñecemento anual que honra aos editores de Wikipedia, e doutros proxectos de Wikimedia, por teren conseguidos logros importantes dentro do movemento Wikimedia.[1] O premio foi estabelecido en agosto de 2011 polo fundador de Wikipedia, Jimmy Wales,[1] quen escolle os premios e hónraos en Wikimania, unha conferencia anual da Fundación Wikimedia, agás en 2020, 2021 e 2022 cando os destinatarios foron anunciados en reunións en liña por mor da pandemia de COVID-19.[1] Entre os anos 2011 e 2017 o premio foi nomeado Wikipedista do ano.[1]

Remove ads
Historia
En 2011, o primeiro título de Wikimedista do ano foille concedido a Rauan Kenzhekhanuly, un emprendedor kazako, polo "seu traballo en construír unha sólida Wikipedia en lingua kazaka".[1] O ano seguinte, foi galardoado un editor de Wikipedia identificado como "Demmy" por crear un bot que traduciu arredor de 15 000 artigos curtos en inglés ao ioruba, unha lingua falada en Nixeria.[1] En 2013 Rémi Mathis de Wikimédia France e da Wikipedia en francés foi nomeado polo seu papel nun controvertido artigo, e en 2014, o premio foille concedido postumamente a un activista ucraíno, Ihor Kostenko, quen promociouno activamente a Wikipedia en ucraíno en redes e páxinas sociais antes de ser asasinado nunha protesta.[2][3] Wales nomeou un gañador sen revelar a súa identidade en 2015, e agarda poder contar a súa historia algún día. En 2016, entregouse o primeiro premio de maneira conxunta, sendo outorgado a Emily Temple-Wood e Rosie Stephenson-Goodknight polos seus esforzos en combater o acoso en Wikipedia e incrementar a presenza da muller.[4][5] Outros gañadores foron Felix Nartey, Farhad Fatkullin, Emna Mizouni e Sandister Tei.
Alén do premio principal, Susanna Mkrtchyan e Satdeep Gill foron os primeiros en recibir mencións de honra no ano 2015.[6][7] Dende 2015, entregáronse sete mencións de honra. O premio foi ampliado en 2021 con categorías adicionais, incluíndo "Colaborador Multimedia do ano", "Acabado de chegar do ano", "Colaborador técnico do ano" e "Laureado de Wikimedia". En 2024, engadiuse a categoría de Funcionario do Ano.
Remove ads
Lista dos gañadores
Remove ads
Mencións de honra
Remove ads
Acabado de chegar do ano
O premio ao Acabado de chegar do ano foi presentado por primeira vez en 2021.
Remove ads
Laureado Wikimedia (anteriormente homenaxeado polo 20º aniversario)
O premio polo 20º aniversario foi entregado por primeira vez en 2021. En 2022, o premio pasou a chamarse como Laureado Wikimedia.[35]
Remove ads
Colaborador Tecnolóxico do ano (anteriormente Innovador Tecnolóxico)
O premio Innovador Tecnolóxico presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Tecnolóxico do ano en 2022.
Remove ads
Colaborador Multimedia do ano (anteriormente Rich Media)
O premio Rich Media presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Multimedia do ano en 2022.
Wikimedia Affiliate Spotlight
O Wikimedia Affiliate Spotlight foi presentado por primeira vez en 2022. Art+Feminism e Wikimedia UK foron recoñecidos polo Comité de Afiliación de Wikimedia (AffCom) nas categorías de Asociacións e Gobernanza, respectivamente.[41]
Funcionario do ano
O premio Funcionario do ano presentouse por vez primeira en 2024 recoñecer os wikimedistas que traballan entre bastidores para "garantir a seguridade, o bo funcionamento e a sustentabilidade dos proxectos Wikimedia".[22]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads