Xove

concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Xovemap

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2020 tiña 3.277 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Xove
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 43°41′09″N 7°30′32″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
CapitalXove
Poboación
Poboación3.327 (2024) (37,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie89,1 km²
Bañado porMar Cantábrico
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa
Eleccións municipais en Xove
Identificador descritivo
Código postal27870
Fuso horario
Código INE27025

Sitio webxove.es
Pechar

Xeografía

Situación

Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89,12 km².[2]

Orografía

O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m).

Demografía

Máis información Padrón municipal 2020, 3.277 habitantes ...
Padrón municipal 2020 3.277 habitantes[2]
Menores de 15 anos 336 (10,25 %)
Entre 16 e 64 anos 2.007 (61,25 %)
Maiores de 65 anos 934 (28,50 %)
Pechar
Evolución da poboación de Xove   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.816 3.711 4.062 3.607 3.603 3.518 3.496 3.512 3.497 3.456 3.424 3.376 3.342 3.314 3.273 3.277
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[3] e INE[4].

Historia

Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.

O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.

Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual e a capitalidade pasou a Xove.

En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, e quedou paralizada coa moratoria nuclear de 1985.

En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio, por estaren localizadas neste concello as súas oficinas.

Cultura

Patrimonio

Festas e celebracións

  • San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.

Lugares de Xove

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Xove

Lago (Santa Eulalia) | O Monte (Santo Isidoro) | Morás (San Clemente) | Portocelo (San Tirso) | A Rigueira (San Miguel) | Sumoas (Santo Estevo) | Xove (San Bartolo) | Xuances (San Pedro)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.