ala
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
| Grafías semellantes: Alá , alá |
ala1
Pronuncia: /ˈala̝/ (AFI)
Substantivo feminino
ala (sg: ala; pl: alas)
- (Zooloxía) Membro cunha ampla superficie de sustentación, propio dos animais adaptados ao voo, (quirópteros, aves e insectos). Nas aves, está constituída polos ósos da extremidade torácica e por apéndices tegumentarios, as plumas.
- (Anatomía) Estrutura, normalmente eminencia ou apófise, que se acha a cada lado dun órgano impar, e que son máis ou menos simétricas. As máis importantes son as do esfenoide, as do solo do cuarto ventrículo e algunhas eminencias óseas, como as do ilio ou do sacro.
- (Botánica) Cada un dos dous pétalos laterais da corola das flores das papilionáceas.
- (Botánica) Calquera expansión laminar, foliácea ou membranosa, que se pode presentar en diversos órganos vexetais, como caules, pecíolos, froitos ou sementes.
- (Xeoloxía) Cada un dos dous lados dunha dobra.
- Sinónimos: flanco.
- (Zooloxía) Labio dalgunhas cunchas de moluscos gasterópodos.
- Superficie en forma de lámina plana con carácter independente que sobresae do corpo xeral dunha estrutura.
- Exemplo: As alas do avión.
- Exemplo: As alas do avión.
- Parte dun edificio diferente da zona principal, normalmente situada nunha zona lateral do espazo.
- Exemplo: A ala oeste da Casa Branca.
- Exemplo: A ala oeste da Casa Branca.
- (Alimentación) Parte da ave cociñada.
- Exemplo: Fixo as alas ao forno.
- Exemplo: Fixo as alas ao forno.
Sinónimos
- Á.
Termos relacionados
Traducións
Remove ads
Substantivo feminino
ala (sg: ala; pl: alas)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads