composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido úrico é unha substancia química orgánica cíclica de orixe natural a carácter fortemente ácido do grupo das purinas, formado por un anel de pirimidina e outro de imidazol, con fórmula C5H4N4O3. Fórmase como subproduto do metabolismo das purinas. Os seus sales chámanse uratos. O seu exceso en sangue pode orixinar gota[1] ou cálculos renais.
Ácido úrico | |
---|---|
Cristais de urato vistos con luz polarizada | |
7,9-Dihidro-1H-purina-2,6,8(3H)-triona | |
Outros nomes 2,6,8-Trioxipurina; 2,6,8-Trihidroxipurina; 2,6,8-Trioxopurina; 1H-Purina-2,6,8-triol | |
Identificadores | |
Número CAS | 69-93-2 |
PubChem | 1175 |
ChemSpider | 1142 |
UNII | 268B43MJ25 |
Número CE | 200-720-7 |
DrugBank | DB01696 |
KEGG | C00366 |
MeSH | Uric+Acid |
ChEBI | CHEBI:27226 |
ChEMBL | CHEMBL792 |
Referencia Beilstein | 156158 |
3DMet | B00094 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H4N4O3 |
Masa molar | 168,11 g mol−1 |
Aspecto | Cristais brancos |
Punto de fusión | 300 °C; 572 °F; 573 K |
Solubilidade en auga | 60 mg dm−3 (a 20 °C) |
log P | -1.107 |
Acidez (pKa) | 5,6 |
Basicidade (pKb) | 8,4 |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
-619,69–617,93 kJ mol−1 |
Entalpía estándar de combustión ΔcH |
-1,9212–1,91956 MJ mol−1 |
Entropía molar estándar S |
173,2 J K−1 mol−1 |
Capacidade calorífica, C | 166,15 J K−1 mol−1 (a 24,0 °C) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O home e os primates eliminan nos ouriños ácido úrico (pero o residuo nitroxenado principal é a urea), xa que carecen do encima uricase que o transforma en alantoína, presente noutros mamíferos. Os réptiles e aves eliminan ácido úrico como residuo nitroxenado principal.
Foi descuberto en 1773 por Carl Wilhelm Scheele e Torbern Bergman nos ouriños e nos cálculos de vexiga. Hoxe o ácido úrico pode sintetizarse a partir da hipoxantina por medio do encima xantina oxidase.
O ácido úrico é un ácido diprótico con pKa1=5,4 e pKa2=10,3.[2] A pH moi básicos forma un ión urato con dúas cargas negativas, pero a pH fisiolóxico o urato só ten unha carga. Estudos de difracción de raios X de cristais de urato demostraron que cando está ionizado desprotónase nos nitróxenos das posicións 1 e 3 (grupos NH) e non nos hidroxilos[3].
A solubilidade do ácido úrico en auga é baixa, o que facilita a súa precipitación, como sucede na gota e na formación de cálculos [4][5][6].
No corpo humano o ácido úrico fórmase no metabolismo degradativo das purinas, e en condicións fisiolóxicas é eliminado nos riles polos ouriños. Cando existe unha concentración elevada de ácido úrico en sangue fálase de hiperuricemia. No plasma humano considérase normal unha concentración entre 3.6 mg/dL (~214 µmol/L) e 8.3 mg/dL (~494 µmol/L)[7] segundo a American Medical Association.[8] A concentracións sanguíneas de polo menos 0,1 g/l pode precipitar e acumularse nas articulacións e no tecido conectivo, causando a patoloxia coñecida como gota [9]. A síndrome de Lesch-Nyhan tamén está asociada con altos niveis séricos de ácido úrico[10].
Os seus niveis nos ouriños poden aumentar en caso de que se incremente o metabolismo das purinas, come sucede na distrofia muscular, ou en condicións de elevada lise celular como en procesos tumorais ou despois dunha quimioterapia.
Nos últimos anos descubríronse datos contrapostos sobre os beneficios e prexuízos do ácido úrico. En doses fisiolóxicas normais pode funcionar como antioxidante contra os radicais hidroxilo ou o peroxi-nitrito producido nas inflamacións. Pero con concentracións cronicamente elevadas, pode desencadear un estado preinflamatorio no endotelio vascular, hipertensión e insulino-resistencia, que é unha complicación común en diabéticos[11] . Nos diabéticos o consumo de frutosa eleva os niveis de ácido úrico máis rapidamente ca a glicosa ou sacarosa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.