concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 13.895 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambadés.[1][2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Cambados | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.681 (2023) (582,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 23,48 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Samuel Lago Ozón | ||||
Eleccións municipais en Cambados | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36630 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36006 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cambados.es |
Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2023.) |
Sobre a orixe do seu nome hai varias teorías (todas precientíficas). Unha di que este nome é debido aos descendentes da familia Camba; outra, que se debe aos celtas, de Cambrae (Cambra, berce). Unha terceira di que deriva dos vocábulos cam (lago) e bados (casa). Calquera que sexa verdade, o certo é que hai vestixios de poboados nos seus montes e bosques, nas proximidades dos ríos e o mar, nos séculos VI e V a. C.
Posteriormente, ao igual que toda a costa galega, foi explorada polos fenicios en busca de cobre e estaño, como o testemuña a torre de Lobeira, que desempeñou funcións de faro para a navegación destes comerciantes, establecidos na desembocadura do Umia, onde tamén aproveitaron as riquezas salinas das terras do Salnés.
Na dominación romana, dende a zona de Cambados organizáronse loitas contra o invasor. Exemplo diso foron as loitas contra o procónsul Décimo Xunio Bruto, co cal se chegou a firmar un tratado, aínda que posteriormente este procónsul arrasou a zona, perdendo esta unha gran parte da súa importancia.
O rei godo Éxica designou ao seu fillo Vitiza, futuro rei dos godos, como Gobernador de Galicia. Durante o seu goberno concedeu grandes privilexios a Cambados.
Na invasión árabe, Abdelaziz entrou en Galicia atacando Lugo, Tui, Ourense e Cambados; posteriormente, Froila I, fillo de Afonso I, vénceos á beira do Umia. Nas continuas razzias dos árabes polo norte da Península Ibérica e durante o século seguinte, entre os anos 816 e 821, seguiron atacando as poboacións galegas; na segunda destas datas, o Rei Afonso II o Casto derrótaos e despois diso, Cambados buscando unha protección, faise feudo do bispado de Tui, xa que pertencera ao seu antigo dominio (Tudem Graviorum).
Durante os séculos IX e X, Cambados foi tamén vítima, como case toda a costa galega, das correrías e actos violentos dos normandos.
Fernando II, Rei de León, en 1170 deulle o título de "Moi Real Vila" e confirmoulle os privilexios que Vitiza lle concedera.
No século XII o núcleo máis antigo de Cambados, denominado Vila Vella, estaba constituído por San Tomé xunto con Santa Mariña. Diego Xelmírez incorporou a vila ao bispado de Compostela. No século seguinte e por aforamento, pasou a ser señorío de Paio Gómez Chariño e durante moitos anos estivo vinculada á casa de Soutomaior e Chariño, e tamén aos condes de Castronuevo e Villaumbrosa.
Durante o levantamento dos Irmandiños, únense as forzas das súas parroquias, que actuaron polas zonas limítrofes, chegando ata Ponte Sampaio.
Os Reis Católicos concederon tamén privilexios a Cambados polos seus merecementos e valor na conquista de Granada, eximíndoa de moitos tributos que estaban obrigados a pagar ao Arcebispo Compostelán.
O 25 de setembro de 1484, a raíña Isabel deu orde de restituír ao Conde de Caminha, os seus lugares de Cambados e Nogueira.
A zona de Cambados fora doada primeiramente ás Ordes do Temple e do Santo Sepulcro e posteriormente á de San Xoán de Xerusalén, aforándoa estas Ordes ás Casas de Soutomaior e de Ulloa, pasando despois á Casa de Monterrei e desta á de Alba.
Filipe IV concede unha cédula para que non se leven mariñeiros de Santo Tomé para a súa Real Armada, posto que estes han de defender esta vila dos ataques dos piratas.
En 1709, o señorío e xurisdición de Santo Tomé e Santa Mariña pasan por venda do IV Conde de Castronuevo ao I Marqués de Montesacro.
Durante a Guerra de Independencia, os veciños de Cambados actuaron continuamente acosando ás divisións dos Mariscais Soult e Ney, contribuíndo así á derrota dos franceses.
En 1820 naceu o concello de Cambados, cabeza de partido xudicial, integrando a totalidade do territorio actual e mailo de Ribadumia. Segregáronse en 1841 este concello e tamén a parroquia de Deiro, incorporada ao concello veciño de Vilanova de Arousa. Cambados mantivo a capitalidade de partido xudicial.
En Cambados editáronse os periódicos El Umia (1907). El Cometa (1910) e Ahora (1930).
A vila ten unha poboación de 13.895 habitantes (2015)[3].
Censo total 2015 | 13.895 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.071 (14.9 %) |
Entre 15 e 64 anos | 9.030 (64.99 %) |
Maiores de 65 anos | 2.794 (20.11 %) |
Evolución da poboación de Cambados Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.603 | 6.956 | 9.290 | 12.628 | 13.564 | 13.872 | 13.946 | 13.898 | |||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Na actualidade, a alcaldesa do concello de Cambados é Fátima Abal Roma do Partido Socialista Obrero Español, quen substituíu no 2015 a Luis Aragunde Aragunde, do Partido Popular, quen substitiui en 2009 no cargo ao alcalde electo nas Eleccións Municipais de xuño de 2007, José Manuel Cores Tourís, tras ser nomeado este último Delegado Territorial da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Nas seguintes eleccións municipais (2011), Luís Aragunde foi elixido alcalde por maioría absoluta. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do PP e do PSOE, son o BNG con Víctor Caamaño Rivas e ANOVA-Irmandade Nacionalista que formalizou a súa creación neste Concello[4] no 2013.
O concello de Cambados estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de medio ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada dous meses, ademais de celebrarse algún pleno extraordinario, coa fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.
A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 11 concelleiros do PP. A corporación municipal está formada por 17 membros, 11 do PP, 3 do BNG e 3 do PSOE.
|
|
As principais vías de comunicación do concello son as estrada C-550, de Pontevedra a Fisterra, e a autovía do Salnés AG-41, que conta cun desvío até este concello e enlaza coa Autoestrada do Atlántico (AP-9), que une A Coruña con Vigo. Ademais diso, unha pequena rede de estradas locais comunica as distintas entidades de poboación entre si.
Cambados ten unha curiosa etimoloxía popular, que recolleu Álvarez Blázquez do seguinte xeito [8]: cando os romanos chegaron a Galicia, un dos seus barcos perdeuse entre a brétema da Ría de Arousa. Os tripulantes sentían que estaban cerca da costa pero non vían nada nin atinaban co rumbo. Por iso, para atopa-lo camiño, botaron ó mar un canciño que levaban a bordo e animárono a que nadase cara á costa, cos berros de Can, vade; can, vade ("can, vai", "anda canciño", en latín). E foron seguíndoo ata que, ó cabo, o can chegou á terra firme, que os mariñeiros bautizaron deste xeito: "Can-vade", que o paso do tempo mudou a Cambados.
En distintos cruceiros de Cambados hai a tradición de levar os meniños que se atrasaban en empezar a andar ou falar, así como os tatexos. Tiña que ser ás 12 do mediodía e había que dar voltas ó cruceiro, sen falar, mentres as campás tocaban a oración. De aí as oracións: As doce a dar, meniño a andar ou Campá a tocar, meniño a andar.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cambados | |
---|---|
Cambados (Santa Mariña) | Castrelo (Santa Cruz) | Corvillón (San Amedio) | Oubiña (San Vicenzo) | Vilariño (Santo Adrián) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambados vexa: Lugares de Cambados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.