Cándido Fernández Mazas, coñecido como Dichi,[1] nado en Ourense o 18 de decembro de 1902 e finado en Pedrouzos (Castro Caldelas) o 15 de novembro de 1942, foi un pintor, debuxante, ilustrador, humorista gráfico e escritor galego.[2] Está encadrado dentro do grupo d'"Os Novos", xunto con Maruxa Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro Guimarás, Carlos Maside e Manuel Torres. A súa pintura caracterizouse pola bimensionalidade.[3] Foi bolseiro da Deputación de Ourense en París, onde bebeu de Henri Matisse, Pablo Picasso e Paul Cézanne. No ano 2020 a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) dedicáronlle o Día da Ilustración.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1902 Ourense, España |
Morte | 15 de novembro de 1942 (39 anos) Pedrouzos, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
Outros nomes | Dichi Fermazas Juan Drados Denys Fernández |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , ilustrador , escritor |
Influencias | |
Influencias en | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Armando Fernández Mazas e Mario Fernández Mazas |
Traxectoria
Fillo de Nicanor Fernández Rodríguez, militar, e Remedios González Mazas,[5] desde moi novo distinguiuse polos seus dotes de debuxante. Ós doce anos abandonou os estudos para pasar por sucesivos obradoiros de pintura. Entrou en contacto con intelectuais e artistas locais a quen foi retratando. En 1922 comezou a colaborar co diario Galicia. Diario de Vigo, facendo ilustracións, e na revista Alfar ata 1923, ano en que ilustrou Kindergarten, libro de poemas de Paco Luis Bernárdez. En 1924 comezou a colaborar con artigos e debuxos en El Pueblo Gallego e en 1925 como linoelista no diario La Zarpa. Coa axuda da Deputación de Ourense trasladouse a París para completar a súa formación pictórica.[1] Alí asistiu ao faladoiro de Miguel de Unamuno e frecuentou personaxes da vangarda francesa,[6] para volver catro meses máis tarde. En 1926 fundou, con Augusto María Casas, a revista Galaxia.
En 1927 volveu a Francia de novo como bolseiro da Deputación e achegouse ao surrealismo. Empezou entón a ter problemas de manía persecutoria ata a súa morte.[7] En 1929 dirixiu a parte artística da revista Gaceta de Galicia. Posteriormente trasladouse a Madrid e colaborou en distintas publicacións e actos culturais, á vez que enviou colaboración gráfica e literaria á revista Escuela del Trabajo, de Ourense. Fixo o cartel e os monicreques, pintou os decorados e participou nas actividades culturais das Misións Pedagóxicas dirixidas por Rafael Dieste,[8] en 1933 por Galicia e Castropol e en 1934 nas localidades segovianas de Turégano e Cantalejo, onde deixou o documento gráfico do cartel do Retablo de fantoches. Namorouse platonicamente da actriz Margarida Xirgu.[9]
O comezo da Guerra civil española sorprendeuno no gabinete de prensa de Gobernación en Madrid. En 1937 desprazouse a Valencia, onde colaborou na revista El Combatiente Rojo, do Partido Obrero de Unificación Marxista, e en Umbral. Desertou na Fronte de Teruel e agochouse. Foi detido polo exército sublevado en Xàbia cando pretendía pasar a Alacant.[10] Estivo preso na cadea de Valencia cinco meses ata ser liberado por influencia de seu pai, capitán do exército franquista, e de Sebastián Martínez-Risco, xuíz.[9] Volveu a Penedo en (Castro Caldelas), en moi mal estado mental e físico, e abandonou toda actividade plástica e intelectual.
A súa obra artística atópase dispersa. Ademais dos debuxos de diferentes publicacións, pintou numerosos cadros, entre eles Ventana al campo, Rapaza, Rumba, Ángel de la paz, un retrato de Luís Seoane e retratos de Sebastián Martínez-Risco.
Como escritor, ademais de artigos xornalísticos, publicou Santa Margorí (Madrid, Alcor Galaico, 1930) unha parábola en tres escenarios en prosa galega[11] e unha farsa en sete momentos titulada Los cuernos disparatados (1932).[lower-alpha 1] Tamén deixou preparado un libro de versos, Aleteia.
Teñen obra súa o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside e a Colección Afundación.[9]
En 2002 o Círculo de Belas Artes de Madrid dedicoulle unha exposición antolóxica.[12]
Unha rúa da cidade de Ourense leva o seu nome.
Galería de imaxes
- O vello mariñeiro toma o sol e outros contos de Eugenio Montes, Céltiga, 1922. Ilustrado por Mazas.
- Kindergarten, poemas ingenuos de Francisco Luís Bernárdez, 1923. Ilustrado por Mazas.
- Relato inmoral de Wenceslao Fernández Flórez. La novela de noche, 1924. Ilustrado por Mazas.
- Cartel da Caja de Ahorrros y Monte de Piedad de Vigo, 1925. Técnica mixta/papel, 61 x 48 cm.
- Mozuela. Óleo sobre lenzo. 46 x 33 cm.
- Cartel das Misiones Pedagógicas. Retablo de Fantoches, 1934. Litografía, 70 x 50 cm.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.