Barcelona-Estació de França
estación de ferrocarril en Barcelona / From Wikipedia, the free encyclopedia
Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha estación de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.
Datos rápidos Situación, Liñas ...
Barcelona-Estació de França | |
---|---|
Vista da Estación de Francia coa cidade de Barcelona detrás. | |
Situación | Barcelona |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Euromed, Talgo |
Media distancia | |
Cercanías | |
Intermodalidade | |
Metro | |
Bus | 14, 39, 51 |
Pechar
A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.[1]
É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.