artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino Unido presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] de xeito irregular dende o ano 1991. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4] O Reino Unido ten unha das industria cinematográficas máis visibles e os seus filmes, actores, actrices e equipo teñen un lugar destacado entre os nomeados ós Óscar dende a década de 1930. Porén, a gran maioría dos filmes británicos non son elixibles nesta categoría por estar producidos en inglés.
Até o ano 2023, o Reino Unido presentou vinte filmes para a consideración da Academia dos Óscar, chegando a gañar The Zone of Interest (2023) e a ser nomeados dous deles. Moitos dos filmes foron rodados por directores de Gales, e foron parcial ou completamente rodados en lingua galesa.
Os candidatos británicos son escollidos pola British Academy of Film and Television Arts (BAFTA).[5]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Reino Unido para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) | Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1991 (64ª) |
Lost in Siberia | Ruso e inglés | Alexander Mitta | Non nomeado |
1993 (66ª) |
Hedd Wyn | Galés | Paul Turner | Nomeado |
1995 (68ª) |
Branwen | Galés, irlandés e inglés | Ceri Sherlock | Non nomeado |
1998 (71ª) |
Cameleon | Galés | Ceri Sherlock | Non nomeado |
1999 (72ª) |
Solomon a Gaenor | Galés e inglés | Paul Morrison | Nomeado |
2001 (74ª) |
Oed Yr Addewid | Galés e inglés | Emlyn Williams | Non nomeado |
2002 (75ª) |
Eldra | Galés e inglés | Tim Lyn | Non nomeado |
2008 (81ª) |
Hope Eternal | Bemba, galés, inglés francés, afrikaans e suahili |
Karl Francis | Non nomeado |
2009 (82ª) |
Afghan Star | Dari, paxto e inglés | Havana Marking | Non nomeado |
2011 (84ª) |
Patagonia[7] | Galés e castelán | Marc Evans | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Metro Manila[8] | Filipino | Sean Ellis | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Uzun Yol[9] | Turco | Nihat Seven | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Dan y Wenallt[10] | Galés | Kevin Allen | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Zeer-e sāye[11] | Persa | Babak Anvari | Non nomeado |
2017 (90ª) |
My Pure Land[12] | Urdú | Sarmad Masud | Non nomeado |
2018 (91ª) |
I Am Not a Witch[13] | Bemba e inglés | Rungano Nyoni | Non nomeado |
2019 (92ª) |
The Boy Who Harnessed the Wind[14] | Chichewa e inglés | Chiwetel Ejiofor | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Dying to Divorce[15] | Turco e inglés | Chloe Fairweather | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Winners | Persa | Hassan Nazer | Non nomeado |
2023 (96ª) |
The Zone of Interest[16] | Alemán, polaco e yiddish | Jonathan Glazer | Premio da Academia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.