86ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A 86ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2013 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 2 de marzo de 2014 no Dolby Theatre en Hollywood, California. A cerimonia tívose que pospoñer unha semana por mor da confluencia cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 de Sochi, Rusia.[1] Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan. A actriz e humorista Ellen DeGeneres foi a presentadora da gala por segunda vez. DeGeneres xa presentara a 79ª cerimonia no 2007.[2][3]
Gravity gañou sete premios, a que máis durante a cerimonia, incluíndo o mellor director para Alfonso Cuarón. 12 anos de escravitude gañou tres premios, incluíndo o mellor filme e mellor actriz secundaria para Lupita Nyong'o. Dallas Buyers Club tamén gañou tres premios, converténdose no quinto filme na historia dos premios en gañar o mellor actor e o mellor actor secundario para Matthew McConaughey e Jared Leto respectivamente. Outros gañadores foron Frozen e The Great Gatsby, con cadanseus dous premios. Cate Blanchett gañou o de mellor actriz por Blue Jasmine, o único premio do filme. Outros filmes que gañaron un premios foron The Great Beauty, Helium, Her, The Lady in Number 6: Music Saved My Life, Mr Hublot e 20 Feet from Stardom. Cuarón e Catherine Martin foron as únicas persoas en recoller múltiples premios, con dous trofeos cada un.[4][5]
Remove ads
Gañadores e nomeados







Os nomeados da 86ª edición foron anunciados o 16 de xaneiro de 2014, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Cheryl Boone Isaacs, presidente da Academia, e o actor Chris Hemsworth.[6] American Hustle e Gravity foron os máis nomeados, con 10 candidaturas.[7][8]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[9]
Remove ads
Premios de Honra
A Academia tamén celebrou a quinta edición dos Premios Gobernadores o 16 de novembro de 2013, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[11]
Oscars de Honra
- Angela Lansbury
- Steve Martin
- Piero Tosi
Premio humanitario Jean Hersholt
Predecesor: 85ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 86ª edición dos Óscar |
Sucesor: 87ª edición dos Óscar |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads