equipo catalán de hóckey a patíns From Wikipedia, the free encyclopedia
A sección de hóckey a patíns do Fútbol Club Barcelona foi creada o 1 de xuño de 1942, mais problemas de pista de xogo fixeron que non fora ata 1948 cando a sección acada a plena actividade. Non foi ata finais dos setenta e nos oitenta que, con Josep Lorente i Miralles á fronte, o equipo vai arrasar en España e Europa, substituíndo ao Reus Deportiu como a referencia. Logo duns anos de recesión, a mediados dos noventa, con Carlos Figueroa no banquiño, volve ao primeiro plano mundial, feito que converteu á sección na máis laureada da historia do FC Barcelona.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Barcelona Sorli Discau | |
---|---|
Cidade | Barcelona, Cataluña |
Historia | 1942- |
Fundado | 1942 |
Pavillón | Palau Blaugrana (8.250) |
Presidente | Josep Maria Bartomeu |
Adestrador | Edu Castro |
Competición | OK Liga Copa de Europa |
Títulos | |
Copa de Europa | 22 (1973, 1974, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007, 2008, 2010, 2014, 2018) |
Recopa de Europa | 1 (1987) |
Copa CERS | 1 (2006) |
Supercopa de Europa | 18 (1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2015 e 2018) |
Copa Intercontinental | 4 (1998, 2006, 2008 e 2014) |
Copa das Nacións | 1 (1995) |
Copa Ibérica | 3 (2000, 2001, 2002) |
Torneo Cidade de Vigo | 6 (1996, 1997, 2000, 2001, 2004, 2007) |
OK Liga | 29 (1974, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1984, 1985, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018) |
Copa do Rei | 22 (1953, 1958, 1963, 1972, 1975, 1978, 1979, 1981, 1985, 1986, 1987, 1994, 2000, 2002, 2003, 2005, 2007, 2011, 2012, 2016, 2017 e 2018) |
Supercopa de España | 10 (2004, 2005, 2007, 2008, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016) |
Cores | Granate e azul |
Na rede | |
http://www.fcbarcelona.cat/hoquei | |
Sitio web Sitio web oficial |
A sección de hóckey a patíns do FC Barcelona fundouse de xeito oficial o 1 de xuño de 1942, a pesar de que desapareceu un ano despois debido aos problemas para conseguir unha pista propia.
No 1948 reapareceu cando conseguiu alugar a Pista Gran Vía. Ao longo dos seguintes anos e ata o principio da década dos sesenta, o equipo de hóckey a patíns azulgrana logrou manterse na loita pola supremacía estatal. Porén, en 1963, a sección entrou nunha crise que se prolongaría ata sete anos despois a causa dun recorte do presuposto que o club destinaba ás seccións.
En 1970, Josep Lorente, ex xogador azulgrana, pasou a facerse cargo da dirección técnica do FC Barcelona. Con Lorente á fronte do banco barcelonista fíxose unha profunda renovación do equipo que non tardou en dar os resultados desexados. Dende 1972 e ata 1987, a sección de hóckey a patíns logrou levantar, como mínimo, un título cada tempada, coa excepción da 1975-76. Iso sería só o inicio dunha época excepcional que tivo o seu máximo esplendor na tempada 1977-78, cando o conxunto barcelonista se impuña en practicamente tódalas competicións que disputaba, tanto a nivel estatal como europeo. Proba destes bos resultados son as 10 Copas de Europa que sumou a sección, oito delas gañadas entre 1978 e 1985.
Esta xeira de bos resultados viuse freada en 1987 a causa, en boa parte, da falta de relevo xeracional dos xogadores máis determinantes do equipo e, ao mesmo tempo, da política de reforzos dos conxuntos rivais. Ante esta situación, xa a finais da tempada 1987-88, Josep Lorente abandonou a dirección técnica do equipo. O balance era moi positivo: 39 títulos en 17 anos. Con el se foron tamén algúns xogadores: Jordi Vila-Puig retirouse, Josep Enric Torner e Joan Torner ficharon polo Club Esportiu Noia e Joan Carles fíxoo polo Igualada Hoquei Club. Aquel ano comezou a seca de títulos do FC Barcelona que duraría 5 anos, ata a tempada 1993-94, cando os culés gañaron a Copa do Rei ante o HC Liceo da Coruña.
Un ano despois, José Luis Páez e Roberto Roldán chegaron ao club azulgrana. Ao finalizar a tempada, Carlos Figueroa como adestrador e os xogadores David Gabaldón e Carlos Folguera completaron o equipo e convertérono no máximo favorito en tódalas competicións. Deste xeito, o Barça cumpriu as expectativas e gañou a Liga en 1995-96. Á tempada seguinte, a xeira de bos resultados continuou e os azulgranas gañaron a Liga Europea. Na campaña 1997-98 conquistou a Liga, a Supercopa de Europa e a primeira edición da Copa Intercontinental, disputada contra a UVT, campión de Suramérica.
A tempada 1998-99, o ano do centenario do club azulgrana, tódolos equipos das seccións profesionais, incluída a de hóckey a patíns, gañaron as súas ligas respectivas. Tamén se mantiveron os bos resultados ao ano seguinte - cando gañou a primeira Copa Ibérica, a Copa do Rei, a Liga e a Liga Europea - e a 2000-01, que se pechou cun balance tamén moi positivo, con vitorias ligueiras, Liga Europea, Supercopa de Europa e Copa Ibérica.
Neste punto álxido do hóckey a patíns, a temporada 2003-04, Gaby Cairo abandonou o hóckey a patíns. Pronto lle seguiu Carlos Figueroa, que no seu último ano como adestrador blaugrana conseguiu tódolos títulos que había en xogo. O seu relevo, na tempada 2005-06, no banco barcelonista foi Quim Paüls, ex xogador e ata aquela sempre vinculado á sección. Con el, o equipo continuou abonado ás vitorias conseguindo, nos catro anos que Paüls estivo no banco, un palamrés excepcional: 4 OK Ligas, 2 Ligas Europeas, 2 Copas Intercontinentales, 3 Supercopas de España, 4 Copas Continentais, 1 Copa do Rei e 1 Copa CERS.
Na tempada 2009-10, Quim Paüls volveu á secretaría técnica da sección, un cargo que xa exercera con anterioridade, e deixou o seu lugar a Ferran Pujalte (quen ata o momento colleitara varios éxitos no banco do Club Patí Vic), quen asumiu o reto esixente do éxito, xa que a sección levaba 12 anos consecutivos conseguindo o título de Liga.
O club faise cos servizos de Gaby Cairo[1] e Ferran Pujalte deixou de ser adestrador ao final da tempada 2010-11, ano no que o Reus Deportiu curta a xeira de 13 títulos ligueiros consecutivos e o Barcelona non conseguiu tan sequera un subcampionato que caeu nas mans do HC Liceo.
Debido aos malos resultados como a eliminación en semifinais da Copa do Rei 2013 ante o Moritz Vendrell (que acabaría proclamándose campión) por un contundente 7-3 e a segunda posición con oito puntos de diferenza co Coinasa Liceo na OK Liga 2012-13, Gaby Cairo presentou a dimisión, que foi aceptada polo club. Ata o final da tempada fíxose cargo do equipo o ata agora segundo adestrador Ricard Muñoz.[2]
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.