Liga de Campións da WSE
competición europea entre clubs de hóckey sobre patíns From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Liga de Campións da WSE (inglés: WSE Champions League), antes coñecida como Liga Europea de hóckey a patíns e Copa de Europa, é a máxima competición europea entre clubs de hóckey a patíns. Foi creada en 1965, e enfronta cada tempada aos mellores clubs europeos da especialidade, na súa meirande parte da liga española (entre os que destacan principalmente os clubs de Cataluña e Galiza), italianos e portugueses. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey a patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal).
O club máis laureado da competición é o FC Barcelona, que acadou 22 títulos. O actual campión é o Sporting CP.
Remove ads
Formato
Actualmente, a competición consta dunha rolda clasificatoria e unha primeira rolda. Logo, os 16 equipos son agrupados en catro grupos e os dous mellores clasificados de cada grupo xogan unha final a oito nunha cidade europea.
Entre os anos 1996 e 2007, a Liga de Campións comezaba cunha rolda eliminatoria e unha rolda preliminar de eliminación directa. Logo, os oito equipos que gañaban na rolda preliminar eran agrupados en dous grupos. Os dous primeiros equipos de cada grupo se disputaban o título nunha final-four.
Remove ads
Historial
Remove ads
Palmarés
Véxase tamén
Outros artigos
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
- Site oficial da CERH
- infoHOCKEY - Información da Copa de Europa de hóckey sobre patíns
- Sitio web oficial Arquivado 12 de abril de 2021 en Wayback Machine. (en inglés).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads