escritor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giovanni Carmelo Verga, nado en Catania o 2 de setembro de 1840 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1922, foi un escritor italiano, considerado o maior expoñente do verismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1840 Catania |
Morte | 27 de xaneiro de 1922 (81 anos) Catania |
Causa da morte | ictus |
Senador do Reino de Italia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1922) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Catânia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, Italian literature (en) e fotografía |
Ocupación | escritor , político , prosista , guionista , fotógrafo , dramaturgo |
Período de actividade | 1855 - 1922 |
Partido político | Historical Left (en) |
Xénero artístico | Novela curta e novela |
Movemento | Verismo (literatura) |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
O seu pai, Giovanni Battista Catalano, era de Vizzini, onde a súa familia tiña propiedades, e descendía dunha rama menor dunha familia á que pertencían os baróns de Fontanabianca. A nai, Caterina Di Mauro, pertnecía a unha familia burguesa de Catania. O avó de Giovanni[1] fora carbonario, e en 1812 fora elixido deputado por Vizzini ao primeiro Parlamento Siciliano.[2].
Existe debate arredor do lugar e a data de nacemento do escritor. Malia que na acta de nacemento aparece que tivo lugar en Catania, diversos estudosos defenden que foi preto de Vizzini, como o profesor Emilio Interlandi e o avogado e autor teatral Alfredo Mazzone. Defenden que a familia marcharía a unha zona agrícola no verán de 1840 por mor da epidemia de cólera que sufría Catania, e o escritor nacería en Calatino, quizais o 29 de agosto, día en que se celebra San Giovanni en Vizzini.
Fixo os estudos primarios na escola de Francesco Carrara e os secundarios con Antonio Abate, escritor, fervente patriota e republicano, do que absorbeu o gusto literario romántico e o Patriotismo. Abate facía ler aos seus alumnos as obras de Dante Alighieri, Francesco Petrarca, Ludovico Ariosto, Torcuato Tasso, Vincenzo Monti, Alessandro Manzoni e páxinas da Estética de Hegel. Amais propuña tamén a novela histórica-patriótica I tre dell'assedio di Torino, publicada en 1847 por Domenico Castorina, parente afastado de Verga e que nesa época era considerado polos contemporáneos o mellor poeta e escritor catanio da primeira metade do século XIX".[3]
En 1854, por mor dunha epidemia de cólera, a familia refuxiouse no campo de Tèbidi, onde regresou en 1855 polo mesmo motivo. Os recordos deste período, ligados ás primeiras experiencias de adolescente e ao campo, inspiraron moitas das súas novelas curtas como Cavalleria rusticana ou Jeli il pastore, amais da novela Mastro-don Gesualdo.
Entre 1856 e 1857 escribiu a súa primeira novela na defensa da Unificación de Italia Amore e patria, que quedou inédita. A novela obtivo unha crítica positiva por parte de Abate, pero foi considerada inmatura polo profesor de latín, Mario Torrisi, que o convenceu para non publicala.
En 1858 comezou a estudar Dereito na Universidade de Catania, pero abandonou en 1861, adicándose á actividade literaria e o periodismo político. Cos cartos que lle dera o pai para concluír os estudos publicou a súa novela I carbonari della montagna (1861-1862), unha novela histórica que se inspira nas empresas da carbonería calabresa contra o despotismo napoleónico de Murat.
Fundou canda a Nicolò Niceforo o semanario Roma degli Italiani e colaborou coa revista L'Italia contemporanea. En 1862 fundou o xornal Indipendente, que logo de dez números pasou a dirixir Abate.
En 1865 marchou a Florencia, daquela a capital do reino. Alí estivo catro meses e escribiu a comedia I nuovi tartufi, publicada en 1980, e a novela Una peccatrice. Alí coñeceu ao crítico de arte Luigi Capuana, os pintores Michele Rapisardi e Antonio Gandolfo, o mestre Giuseppe Perrotta e o poeta Mario Rapisardi.
Logo de refuxiarse doutra epidemia de cólera en 1867 en Sant'Agata li Battiati e Trecastagni, estivo en Florencia entre abril de 1869 e 1871. Entre 1872 e 1893 estivo en Milán, onde experimentou coa súa poética. Na primavera de 1882 coñeceu en París ao escritor suízo Louis Edouard Rod. Debido os problemas económicos regresou a Catania.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.