From Wikipedia, the free encyclopedia
Henry O'Reilly "Harry" Schell nado en París, Francia o 29 de xuño de 1921 e finado en Silverstone, Inglaterra, o 13 de maio de 1960 foi un piloto de carreiras americano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1921 París, Francia |
Morte | 13 de maio de 1960 (38 anos) Silverstone, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de motociclismo , piloto de automobilismo |
Lingua | Lingua francesa |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Nai | Lucy Schell (en) |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Schell naceu en París, Francia, fillo dun expatriado estadounidense e, nalgún momento, piloto Laury Schell. A súa nai era a rica herdeira estadounidense Lucy O'Reilly. O'Reilly era un entusiasta das carreiras de automóbiles que coñecera a Laury mentres visitaba Francia. Pronto se converteron xuntos en nomes familiares na escena dos rallies. Ela fixo un investimento moi elevado na empresa Delahaye, primeiro facendo campaña dos coches deportivos e despois defendendo o desenvolvemento dun coche Delahaye de Gran Premio, que participou debaixo da bandeira de Ecurie Bleue. O francés René Dreyfus gañou sorprendentemente o Gran Premio de Pau de 1938 por diante de Mercedes, pero o proxecto de Delahaye non conseguiu o apoio necesario e nunca desenvolveuse en toda a súa extensión.
Pouco antes do estalido da segunda guerra mundial, os pais de Schell estiveron involucrados nun accidente de tráfico no que Laury morreu e O'Reilly resultou gravemente ferida. Cando Francia foi ocupada por Alemaña, Schell e a súa nai volveron a América, onde Schell participou co Maserati nas 500 Millas de Indianápolis de 1940. Sendo xa voluntario na forza aérea finlandesa durante a guerra do inverno con Rusia en 1939, Harry entrou no Corpo de Tanques dos Estados Unidos cando o país entrou na segunda guerra mundial.[1]
Schell continuou a súa andaina en Europa, pilotando Coopers en Fórmula 3, Fórmula 2 e incluso no Campionato Mundial de Fórmula 1 no seu inicio en 1950. A súa primeira aparición foi nun Cooper propulsado por un motor JAP V-twin en Monte Carlo. Terminou nun accidente na chicana do porto que implicou a maioría dos participantes.
Aínda que Schell nunca gañou un Gran Premio de campionato e gozou da vida como un playboy e mullereiro, era moi respectado na época, logrou dous podios cun segundo posto no Gran Premio dos Países Baixos de 1958, gañou o Gran Premio de Caen de 1956, e compaxinou carreiras periódicas nos coches deportivos. Asociouse con Stirling Moss para obter un segundo lugar nas 12 Horas de Sebring de 1957 e logrou o terceiro lugar no mesmo evento en 1959.[2] As tempadas máis notables na Fórmula Un viñeron da man de BRM, Vanwall, e Maserati como subordinado do cinco veces campión Juan Manuel Fangio. Tamén pilotou para Ferrari nunha soa carreira no Gran Premio de Mónaco de 1955.
Schell creouse unha reputación como competidor seguro e prudente e podíase dicir como un anotador de puntos consistente, pero tamén demostrou a súa clase cando se presentou a oportunidade. No Gran Premio de España de 1954, tomou a dianteira desde o principio no seu Maserati privado e liderou facilmente antes de trompear en primeiro lugar e logo retirarse cun fallo na transmisión. No Gran Premio de Francia de 1956, relevou a un enfermo Mike Hawthorn despois de que o seu propio Vanwall tivera un problema de motor e avanzou ata a segunda posición. O equipo Ferrari, que corría coa suposición de que Schell estaba cunha volta perdida, foi atrapado, e seguiu unha loita dramática polo liderado, pero o esforzo de Schell non sevíu de nada, xa que se viu obrigado a facer unha longa parada en boxes pouco despois. Pilotando un Ferrari 375 Indy para o equipo de carreiras norteamericano de Luigi Chinetti na Race of Two Worlds de 1958, Schell uniuse a Phil Hill (Scuderia Ferrari 296 Dino) e Masten Gregory (Ecurie Ecosse Jaguar D-Type) en Monza como os únicos pilotos estadounidenses que non participaron nun Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos.
A comezos de 1960, e preto dos 40 anos, as perspectivas de Schell parecían difuminarse, e decidiu participar cun Cooper privado baixo a bandeira Ecurie Bleue da súa familia. Iso cambiou, cando contratouno o equipo British Racing Partnership antes do comezo da tempada de Grandes Premios Europeos para un programa completo de carreiras, xunto a Tony Brooks e o prometedor Chris Bristow nuns vellos Coopers. Schell morreu na práctica para a carreira fora do campionato International Trophy en Silverstone en 1960, cando chocou co seu Cooper na Curva da Abadía. Schell estaba pilotando a aproximadamente 165 km/h cando o seu coche derrapou no barro no lado da pista e perdeu unha roda. O Cooper deu un salto mortal e penetrou nunha barreira de seguridade, causando o derrubamento dunha parede de ladrillos.[2]
Antes da súa morte, Schell fora extremadamente activo na promoción das roll-bar (barras estabilizadoras) nos coches de competición europeos, unha característica de seguridade requirida en América. Converteuse en estándar na Fórmula 1 de 1500cc en 1961.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Unidade compartida.
(clave)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Ecurie Bleue | Talbot-Lago T26C | Talbot L6 | PAU | RIC | SRM Ret |
PAR | EMP | BAR | JER | ALB | NED | NOT | ULS | PES | STT | INT | GOO | PEN | |||||||||||||||||||||
Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | NAT Ret |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1951 | Enrico Platé | Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | SYR Ret |
PAU Ret |
RIC | SRM 4 |
BOR Ret |
INT NC |
PAR DNS |
ULS WD |
SCO | NED | ALB | PES 7 |
BAR Ret |
GOO | |||||||||||||||||||||||
1952 | Enrico Platé | Maserati 4CLT/50 | Platé L4 | SYR | VAL | RIC | LAV | PAU | IBS | MAR Ret |
AST | INT Ret |
ELA | NAP | EIF | PAR Ret |
ALB Ret |
FRO | ULS Ret |
MZA | LAC 4 |
ESS | MAR Ret |
SAB Ret |
CAE | DMT | COM Ret |
SCO | BAU Ret |
MOD | CAD 2 |
SKA | MAD | AVU | FRY | NEW | ||||
1953 | Equipe Gordini | Gordini T16 | Gordini L6 | SYR | PAU 3 |
LAV | AST | KMS | BOR 4 |
INT Ret |
ELA | NGP | ULS | WIN | COR | FRO | SNE | EIF | ALB | PRN | ESS | MID | ROU 4 |
CLP | AVU | UST | LAC Ret |
BRI | CHE | SAB Ret |
NEW | CAD 2 |
RED | SKA | LON | MOD NC |
MAD | BER | FRY | CUR |
1954 | Harry Schell | Maserati A6GCM | Maserati L6 | SYR DNS |
PAU Ret |
LAV | BOR Ret |
INT | BAR 6 |
CUR | ROM 2 |
FRO | BRC | COR | CLP | ROU Ret |
CAE Ret |
AUG | COR | OUL DNA |
RED | PES | FRY | CAD | BER | GOO | DTT | |||||||||||||
1955 | Scuderia Ferrari | Ferrari 555 | Ferrari L4 | VAL 5 |
PAU | GLV | BOR | INT | NAP | ALB | CUR | COR | ||||||||||||||||||||||||||||
Vandervell Products Ltd. | Vanwall | Vanwall L4 | LON 2 |
DRT | RED 1 |
DTT | OUL Ret |
AVO 1 |
SYR 5 |
|||||||||||||||||||||||||||||||
1956 | Vandervell Products Ltd. | Vanwall | Vanwall L4 | GLV | SYR | AIN NCG |
INT Ret |
NAP | AIN | VAN | CAE 1 |
BRS | ||||||||||||||||||||||||||||
1957 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati L6 | SYR | PAU 2 |
GLV | NAP | RMS 4 |
CAE | INT 2 |
MOD 3 |
MOR 5 |
||||||||||||||||||||||||||||
1958 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM L4 | GLV Ret |
SYR | AIN 6 |
INT | CAE Ret |
||||||||||||||||||||||||||||||||
1959 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM L4 | GLV 3 |
AIN Ret |
INT | OUL | SIL | ||||||||||||||||||||||||||||||||
1960 | Ecurie Bleue | Cooper T51 | Climax L4 | GLV Ret |
INT NTS |
SIL | LOM | OUL |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.