From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua macedonia antiga era unha lingua indoeuropea usada polos antigos macedonios. Falábase en Macedonia durante o 1º milenio antes da nosa era. Foise deixando de empregar a partir do século -V, e pénsase que desapareceu nos primeiros séculos da nosa era. Probabelmente falábase sobre todo nas rexións interiores, lonxe da costa.
Macedonio antigo | ||
---|---|---|
Falado en: | Reino de Macedonia | |
Extinción: | 1er milenio a.C. | |
Familia: | Indoeuropea Helénica/grega[1][2] Macedonio antigo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xmk
| |
Mapa | ||
Status | ||
Aínda que emparentada co grego antigo, o antigo macedonio non é un dialecto grego, senón unha lingua próxima ao protogrego. Por outra banda, aínda se discute a relación do antigo macedonio co tracio e o frixio e outras linguas paleobalcánicas.
O coñecemento da lingua está moi limitado porque non hai ningún texto sobrevivente indiscutibelmente escrito na lingua, aínda que se reuniu un corpo de auténticas palabras macedonias a partir de fontes antigas, principalmente das inscricións en moedas, e do léxico de Hesiquio de Alexandría século V, cunhas 700 palabras e nomes propios. A maioría destes son con seguridade identificábeis como grego, pero algúns deles non son facilmente conciliábeis co patrón da fonoloxía grega.
A Tabela de maldición de Pella (a Pella katadesmós, unha tabella defixionis), un texto escrito nun dialecto dórico, atopouse en Pella en 1986, e datado entre o século -IV e século -III; a raíz dela argumentouse que a antiga lingua macedonia foi un dialecto grego noroccidental, parte dos dialectos dóricos (O. Masson, 1996). Antes deste descubrimento propúxose que o dialecto macedonio era unha forma antiga de grego, falada xunto ao propio dórico nese momento (Rhomiopoulou, 1980).
Pouco se pode dicir desta lingua a partir das poucas palabras que se conservan. Unha evolución fonética rechamante é aquela pola que as consoantes aspiradas sonoras do PIE evolucionaron ás oclusivas sonoras β, γ, δ, a diferenza de todos os dialectos gregos coñecidos, onde evolucionaron ás xordas φ, χ, θ, con poucas excepcións.
Coñécese o mesmo tratamento para outros idiomas paleobalcánicos, e.g. frixio bekos ('pan'), ilirio bagaron ('quente'), pero en ático φώγω phōgō ('asado'), todo do PIE *bheh3g-. Posto que todos estes idiomas se coñecen a través do alfabeto grego, que non ten signos para sonoras aspiradas, non está claro se a desaspiración tivo lugar realmente, ou se β, δ, γ se escolleron como os máis próximos para expresar as aspiradas sonoras.
Se γοτάν gotán ('porco') está relacionado con *gwou ('gando'), isto podería indicar que as labiovelares estaban intactas, ou se asimilaron ás velares, resultado diferente ao tratamento do grego (ático βοῦς boûs). Estas desviacións, porén, non son descoñecidas nos dialectos gregos; compárese o dórico (espartano) γλεπ- glep- co grego común βλεπ- blep-, ademais do dórico γλάχων gláchōn e o xónico γλήχων glēchōn co grego común βλήχων blēchōn.[3]
Varios exemplos indican que as oclusivas velares sonoras se enxordeceron, especialmente en inicio de palabra: κάναδοι kánadoi, 'mandíbulas' (<PIE *genu-); κόμβους kómbous, 'moas' (<PIE *gombh-); en interior de palabra: ἀρκόν arkón (ático ἀργός argós) e o topónimo macedonio Akesamenai, do nome pierio Akesamenos (se Akesa- está emparentado co grego agassomai, agamai, "asombrar"; cf. o nome tracio Agassamenos).
N’ As aves de Aristófanes atópase a forma κεβλήπυρις keblēpyris ('paxaro de cabeza vermella'), que amosa unha oclusiva sonora, ao estilo macedonio, en lugar da xorda aspirada habitual en grego: κεβ(α)λή keb(a)lē fronte a κεφαλή kephalē ('cabeza').
Debido aos testemuños documentais fragmentarios e diverxentes, diversos autores fixeron diferentes interpretacións sobre a clasificación filoxenética do antigo macedonio:[4] As interpretacións históricas do macedonio inclúen:[5],[6],[7],[8]
A discusión está estreitamente relacionada coa reconstrución do protogrego.
Algúns lingüistas consideran que a lingua macedonia era unha lingua irmá a todos os dialectos gregos antigos, e non simplemente un dialecto grego. Se esta visión é correcta, daquela o macedonio e o grego poderían ser dúas subramas dun grupo dentro da indoeuropea, formando un grupo greco-macedonio, ás veces tamén referido como grupo helénico. Esta terminoloxía podería conducir a malentendidos, xa que a "rama helénica do indoeuropeo" é tamén usada sinonimamente coa rama grega (que contén todos os dialectos gregos antigos e modernos) nun sentido máis estreito.[10]
Un número de palabras macedonias, particularmente no léxico de Hesiquio, son discutidas (i.e., algúns non as consideran verdadeiras palabras macedonias) e algunhas poderían haber sido corrompidas na transmisión. Así "abroutes", pode lerse como "abrouwes" (αβρουϝες), con tau (Τ) substituíndo o digamma (F).[11] Se esta palabra podería incluírse nun dialecto grego; porén, outras (e.g. A. Meillet) véxase a dental como auténtica e esta palabra podería se cadra pertencer a unha lingua indoeuropea diferente do grego.
Outra escola mantén que o macedonio foi un dialecto grego. Aqueles que están a favor dunha natureza puramente grega do macedonio, como un dialecto setentrional, son numerosos e inclúen a eruditos como H. Ahrens e O. Hoffmann.[12] Unha recente proposta desta escola foi a do Profesor Olivier Masson, quen no seu artigo sobre o antigo idioma macedonio, na terceira edición do "Oxford Classical Dictionary", suxeriu que o macedonio estaba relacionado cos dialectos noroccidentais gregos:[6] m
Como en macedonio β, δ, γ = grego φ, θ, χ, Claude Brixhe[13] suxire que é un desenvolvemento posterior. As letras non designan consoantes sonoras, i.e. [b, d, g], senón fricativas sonoras, i.e. [β, δ, γ], debido á pronunciación das fricativas xordas [φ, θ, x] (=ático clásico [ph, th, kh]). Brian Joseph engade que a remota evidencia está aberta a diferentes interpretacións, xa que unha resposta definitiva non é posíbel", pero advirte que "o antigo macedonio non é simplemente un antigo dialecto grego á par co ático ou o eólico".[4] Neste sentido, algúns autores tamén o consideran un "dialecto grego pervertido."
Algúns lingüistas consideran que o idioma macedonio non era só unha lingua separada, senón que pertencía a unha rama indoeuropea diferente da rama helénica (ou rama greco-macedonia), e suxiren que non era especialmente próxima ao grego. Rexeitan as correspondencias gregas atopadas en macedonio e prefiren tratalo como un idioma indoeuropeo dos Balcáns, situado xeograficamente entre Iliria ao oeste e Tracia ao leste.
Algúns[14] lanzan a hipótese de que lingüisticamente o macedonio estaba entre o ilirio e o tracio, un tipo de idioma intermedio entre os dous. Un idioma do grupo traco-ilirio é moi discutido debido a que carece de importantes evidencias (véxase tracoilirio), e unha xenética traco-iliria-macedonia é especulativa, aínda que un Sprachbund na zona considéranse probábel. Recentemente, A. Garrett (1999) conxeturou que o macedonio puidese na súa primeira etapa haber sido parte dun dialecto continuo que abarcaba os antigos dialectos de todas as linguas indoeuropeas suroccidentais (incluíndo o grego), pero se quedaba secundario para os procesos irreais posteriores de converxencia que produciu o propio grego. Argúe que baixo esta perspectiva o cambio de son que isoglosas como a deaspiración das oclusivas sonoras podería ser o que limitou o valor de diagnóstico, mentres que ultimamente a cuestión de se o macedonio pertence ou non a unha unión xenética co grego é dubidosa.[15]
O antigo léxico macedonio revela algunhas palabras que non teñen cognados en grego, aínda que o teñen noutras linguas indoeuropeas. Hai tamén algunhas palabras que non teñen cognado en ningunha outra lingua, e poden ser restos dun substrato preindoeuropeo, talvez relacionado co substrato prehelénico.
Hai algunhas referencias clásicas que conduciron a numerosos eruditos a crer que os antigos gregos vían aos antigos macedonios como unha tribo non helénica, aínda que outros eruditos manteñan que o eran. Entre as referencias que poden indicar que o macedonio é un dialecto grego, está o diálogo que existe entre un ateniense e un macedonio nun fragmento do século V a.C da comedia Macedonios do ateniense Estratis, onde o discurso macedonio é presentado como unha forma do grego.
O historiador Quinto Curcio suxire que a lingua macedonia non era intelixíbel para o termo medio de falantes (Hist. Alex. 6.11.4): "El (sc. Filotas) atopou ao pobo de Frixia e Paflagonia ridículos, e non estaba avergonzado, aínda que nacera en Macedonia, de ter un intérprete con el cando escotaba á xente falar no seu propio idioma." Porén, este testemuño non é concluínte.[16]
No período helenístico deuse a necesidade de unificar lingüisticamente o vasto imperio conquistado por Alexandre Magno en Asia. Por iso, os macedonios tomaron como base o dialecto ático e tamén o xónico, para as construcións sintácticas. Desta mestura xurdiu o dialecto koiné (chamado lingua común), que pouco a pouco se impuxo como o seu principal idioma, e a través dos séculos, o antigo macedonio decaeu e foi relegado a remotas zonas rurais interiores. Pronto a koiné o suplantou por completo, e o idioma orixinal macedonio extinguiuse durante os primeiros séculos da nosa era.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.