Arcebispo e cardeal ucraíno From Wikipedia, the free encyclopedia
Liubomyr Huzar (en ucraíno: Любомир Гузар), nado en Lviv o 26 de febreiro de 1933 e finado o 31 de maio de 2017, foi un arcebispo e cardeal ucraíno, arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 2001 e 2011.
Nome orixinal | (uk) Любомир Ярославович Гузар |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1933 Lviv, Ucraína |
Morte | 31 de maio de 2017 (84 anos) Kniazhychi, Ucraína (en) |
Arcebispo católico | |
6 de decembro de 2004 – 10 de febreiro de 2011 ← Vasylii Ihor Medvit – Sviatoslav Shevchuk → | |
Cardeal | |
21 de febreiro de 2001 – | |
Bispo auxiliar | |
14 de outubro de 1996 – | |
Bispo titular | |
22 de febreiro de 1996 – Diocese: Q516710 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Segunda República Polaca Estados Unidos de América Ucraína |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Fordham (pt) Universidade Católica de América Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) , teologia dogmática (pt) e monkish life (en) |
Ocupación | bispo católico (1977–), sacerdote católico (1958–), monxe , sacerdote católico , profesor universitario , teólogo |
Lingua | Lingua ucraína e lingua inglesa |
Consagración | Yosyf Slipyi |
Participou en | |
19 de abril de 2005 | conclave de 2005 |
Premios | |
Liubomyr Huzar, fillo de Yaroslav e Rotyslava, de apelido de solteira Demezuk, naceu en Lviv o 26 de febreiro de 1933, onde cursou a súa educación básica.[1][2][3] Durante a segunda guerra mundial a familia tivo que deixar Ucraína, e inicialmente trasladouse a Austria, continuando Liubomyr os seus estudos en Salzburgo.[3][1] En 1949 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.[2][3][1] Estudou Filosofía no Seminario Católico Ucraíno de San Basilio até 1954 e Teoloxía na Universidade Católica de América.[2][3][4][1]
Foi ordenado sacerdote da exarcado apostólico de Stamford o 30 de marzo de 1958 polo seu bispo, Ambrosii Senyshyn.[3][4][1] Inicialmente traballou como profesor no seminario de Stamford, exercendo o seu ministerio en Kerhonkson, Soyuzivka e Ellenville.[4][1] Ao mesmo tempo ampliou os seus estudos no eido filosófico na Universidade de Fordham, graduándose en 1967.[4] En 1969 marchou a Roma onde se doutorou en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana, cunha tese baixo a dirección de Janez Vodopivec co título "Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism".[5][3][4][1]
En 1972 entrou no mosteiro de San Teodoro dos estuditas en Grottaferrata,[3][4] e o 24 de xuño de 1973 profesou como membro da orde dos Monxes Estuditas Ucraínos.[1] O 2 de abril de 1977 foi ordenado bispo por Yosyf Slipyi no mosteiro estudita de Castel Gandolfo.[4][3][1] A consagración foi realizada en segredo por mor das sospeitas de Slipyi de que a Santa Sé estaba a evitar calquera enfrontamento coas autoridades soviéticas, e Slipyi decidiu asegurar o futuro da Igrexa ucraína coa consagración de tres bispos.[3][6]
O mesmo Slipyi nomeouno en 1978 arquimandrita do mosteiro de San Teodoro e responsable dos mosteiros estuditas fóra de Italia.[3][4][1] Por outra banda, entre 1973 e 1984 foi profesor da Pontificia Universidade Urbaniana.[3][4]
O 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Nisa in Lycia, e o 2 de abril seguinte foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod.[3] Porén, ao pouco tempo, o 14 de outubro foi nomeado bispo auxiliar de Lviv, onde estaba a sé arquiepiscopal.[3][4][1]
O 25 de xaneiro de 2001 o Sínodo da Igrexa Católica Ucraína elixiuno como arcebispo maior de Lviv, e confirmado polo papa Xoán Paulo II ao día seguinte.[3][4][1] O mesmo papa creouno cardeal o 21 de febreiro seguinte, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.[3][4][1]
O 29 de agosto de 2005 a sé arquiepiscopal maior foi trasladada a Kíiv, tomando entón o título de “Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia”.[3][4] Renunciou ao goberno da Igrexa ucraína o 10 de febreiro de 2011.[3][4] Logo da súa renuncia continuou a súa actividade como figura pública.[3]
Foi nomeado doutor honoris causa en Letras Humanísticas pola Universidade Católica de América en 2007.[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.