From Wikipedia, the free encyclopedia
Macrotis leucura, coñecido na bibliografía internacional como bilbí pequeno,[2] é unha especie de mamífero marsupial do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos e orde dos peramelemorfos e familia dos tilacomíidos,[3] extinta desde mediados do século XX).[1]
Macrotis leucura Bilbí pequeno | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Extinto [1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Macrotis leucura (Thomas, 1887) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución histórica de Macrotis leucura |
Moito máis pequeno que o bilbí grande, pesaba entre os 300 e os 450 g.[4] Tiña unha pelaxe gris apardazada que se tornaba gris pálida no ventre, e a cola era branca (ao que alude o seu nome específico).[4][5] A cola deste animal era longa, aproximadamente o 70 % do total da súa lonxitude de cabeza e tronco.
Moi pouco se sabe acerca da súa antiga área de distribución, xa que desta especie só se recolectaron seis espécimes na historia moderna, co primeiro exemplar procedente dunha rexión descoñecida.[6]
En tempos modernos a especie era endémica do deserto de Gibson e do Gran Deserto Areoso do árido centro de Australia, ao nordeste de Australia Meridional e ao sueste do Territorio do Norte. Seguramente tiña unha área de distribución máis ampla, pero é descoñecida.
Prefiría vivir nos desertos areosos e limosos, nas chairas de area e en dunas cubertas de Spinifex, Acacia aneura e Zygochloa, así como en pasteiros de Triodia con escasas árbores baixas e arbustos.[1]
Omnívoro, alimentábase a base de formigas, térmites, raíces, sementes, etc.; ademais, cazaban e se alimentaban de pequenos roedores nativos.[7]
Era un animal nocturno que pasaba o día agochado nos seus tobos, que podían chegar até os 2 ou 3 m de profundidade, e que pechaba súa entrada con area.
As femias parían dúas crías por camada.
Os bibís pequenos desapareceron debido á súa caza, devorados por raposos e pola competencia dos coellos introducidos en Australia. Os últimos exemplares que se viron vivos forron os avistados na "Estación de Cooncherie" en 1932. O último espécime encontrado foi un cranio que se atopou nun niño de aguia en 1967. Parece que este animal estaba morto desde había polo menos un quince anos.
A especie foi descrita en 1887 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 5, 19: 397.[3]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[3]
O nome do xénero, Macrotis, formouse cos elementos do latín científico macr-, do grego antigo μακρός makrós, 'grande', e o -otis, derivado do grego antigo οὖς ὡτός oús ōtós, 'orella'. Isto é, 'os de orellas grandes'.
O nome específico, leucura, cos elementos leuc-, calco do do grego antigo λευκ- leuk, de λευκόσ leukós, 'branco', e -ura, derivado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola'. É dicir, 'de cola branca'.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.