From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Resentidos foi unha banda de rock galega procedente de Vigo e que formou parte da movida desa cidade.[1] Foi un dos grupos galegos máis populares na década de 1980.[2][3] O seu disco máis aclamado pola crítica foi Jei (GASA, 1990), elixido pola revista musical Rockdelux como mellor disco nacional do ano.
Os Resentidos | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galiza |
Período | 1984 - 1994 |
Xénero(s) | rock |
Selo(s) discográfico(s) | grabaciones accidentales, GASA/DRO |
Membros | Antón Reixa Alberto Torrado Javier Soto Xabier Devesa Rubén Losada |
Na rede | |
Formouse no ano 1982[4] e estaba liderada polo polifacético Antón Reixa[5]. Durante toda a súa traxectoria usou o galego nas súas composicións, e foi a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España con "Galicia Caníbal".
A súa primeira formación estivo composta por Antón Reixa, Alberto Torrado (baixo), Javier Soto (guitarra) e Rubén Losada (saxo), mais en 1985 Javier Soto abandonaría a banda para unirse a Siniestro Total, sendo substituído por Xavier Debesa[4].
Separáronse a finais do verán de 1994.
Despois da súa disolución, Antón Reixa formaría Nación Reixa co produtor do último disco de Os Resentidos, Kaki Arkarazo de Negu Gorriak, editando máis tarde un disco en solitario.
En 2012, conmemorando o 30 aniversario da formación, reuníronse para tocar de novo. Ao tempo, editouse o disco de tributo A tribo toda baila, con versións súas interpretadas por The Homens, Safari Orquestra, Tony Lomba & Elio Dos Santos, Novedades Carminha & Antigüedades Álvarez, El Puto Coke, Ataque Escampe, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Metralletas Lecheras, Roberto Sobrado, Miki Nervio & The Bluesmakers, Ülträqäns, DasKapital, Orquesta Alma Latina, O Sonoro Maxín, Transilvanians, Os 3 Trebóns, Ruxe Ruxe, Pulpiño Viascón e Emilio José.
No 2016 Os Resentidos publican por primeira vez dende 1993 un disco con cancións novas, o directo Fai un sol de carallo suite.
Volven en 2021 con Organización Nautilus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.