revista numismática francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Revue Numismatique, cabeceira herdeira da anterior Revue de la Numismatique Française, é unha revista científica francesa centrada no ámbito da numismática, fundada en 1835 por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á Sociedade Francesa de Numismática.[1]
Revue Numismatique (ex-Revue de la Numismatique Française) | |
---|---|
País | Francia |
Lugar | París. |
Lingua | francés, alemán, inglés, castelán e italiano. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | RN |
Fundación | 1835 |
Fundador | Louis de la Saussaye e Étienne Cartier. |
Primeira edición | 1836 |
Desenvolvemento | |
Editor | Société Française de Numismatique |
Circulación | |
Frecuencia | Anual. |
ISSN | 0484-8942 |
OCLC | 4734406 |
Na rede | |
http://www.persee.fr/collection/numi | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde os inicios do Renacemento, os príncipes e os humanistas amosaron interese pola numismática antiga e conformaron coleccións monetarias dentro dos seus gabinetes de antigüidades. No gabinete de Lois XIV, instalado inicialmente en Versalles e posteriormente en París, está a orixe do actual Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. A partir do século XIX, ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.[2]
Neste contexto, en 1835 créase a Revue de la Numismatique Française, da man dalgúns membros da Sociedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades arqueolóxicas tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en 1836.[3]
O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata 1865.[4] E non foi aínda ata case un século despois, en 1958, cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.[5][6]
Cada ano, a Sociedade publica un novo número de Revue Numismatique, e cada dez anos uns índices temáticos dos seus artigos, escritos polos máis prestixiosos investigadores tanto franceses como estranxeiros. As linguas admitidas nas colaboracións son, ademais do francés, o alemán, o inglés, o castelán e o italiano.[7] Na súa publicación, a Société Française de Numismatique conta coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS).
Os ámbitos dos que se ocupa Revue Numismatique abranguen a numismática e a histoira monetraia e, accesoriamente, a arqueoloxía, a historia económica, a histoira da arte, a epigrafía, a sixilografía e a glíptica, todas elas nos seus aspectos máis relacionados co estudo das moedas, as medallas e os obxectos monetiformes. As seccións da revista organízanse consonte as divisións histórico-culturais tradicionais: numismática celta, grega, romana, bizantina, medieval, moderna, contemporánea e oriental; ademais doutras como as medallas, as fichas monetiformes, e a historia da disciplina numismática e das coleccións.
Da dirección e da administración da Revue encárgase un comité de dirección composto por catro directores, asistidos por dous secretarios de redacción, e un comité de administración constituído polo comité de dirección mais un número igual de membros do Consello de Administration da Société Française de Numismatique.[8][9]
Preséntanse por orde cronolóxica os membros das direccións colexiadas da Revue Numismatique desde o seu primeiro número ata a actualidade:[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.