From Wikipedia, the free encyclopedia
Rites of Spring foi unha banda estadounidense de post-hardcore formada en 1983,[1] procedente de Washington, D.C., e coñecida polas súas enerxéticas actuacións. Xunto con Embrace e Beefeater, foron un dos actos fundamentais do movemento movemento de 1985 Revolution Summer[2] que tivo lugar dentro da escena hardcore punk de Washington, D.C.
Rites of Spring | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1984 - 1986 |
Xénero(s) | emo, post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
Membros | Guy Picciotto Eddie Janney Mike Fellows Brendan Canty |
Na rede | |
Musicalmente, Rites of Spring incrementou a frenética violencia e a paixón visceral do hardcore ao mesmo tempo que experimentou coas súas regras de composición. En canto ás letras, tamén cambiou o hardcore por temas máis persoais, polo que tamén é considerada a primeira banda emo,[3] aínda que os seus membros rexeitaron calquera asociación entre o grupo e a etiqueta emo.[4][5]
A banda só realizou 19 concertos, 19 na área de DC e 3 fóra dela.[6] O vocalista e guitarrista Guy Picciotto e o batería Brendan Canty pasarían a formar parte da influente e exitosa banda de post-hardcore Fugazi a finais dos 80, mentres que o baixista Mike Fellows formou Miighty Flashlight e tivo unha carreira en solitario.
Aínda que as súas raíces atópanse no hardcore punk, Rites of Spring está considerada como unha das fundadoras do xénero emotional hardcore. O nome da banda foi sacado do balet sinfónico Le sacre du printemps (The Rite of Spring en inglés) de Igor Stravinskii.
Rites of Spring foi o álbum de estrea da banda, editado no ano 1985. As súas doce cancións foron gravadas no Inner Ear Studios en febreiro de 1985, baixo a produción de Ian MacKaye de Fugazi e Minor Threat, e foi publicado en vinilo no mes de xuño dese ano polo selo Dischord Records. O traballo sería editado en CD e casete en 1987 cun tema adicional gravado nas mesmas sesións, "Other Way Around", ademais de catro cancións do EP seguinte da banda, All Through a Life. A banda separaríase en xaneiro de 1986.
Picciotto, Janney e Canty formaron One Last Wish co membro de Embrace Michael Hampton.
O persoal de Rites of Spring reuniuse para formar unha case-reencarnación chamada Happy Go Licky, editando un álbum de varias gravacións ao vivo aínda que sen chegar a producir ningún traballo de estudio. A súa música era máis experimental que en Rites of Spring e fortemente inprovisada.
Picciotto e Canty finalmente uníronse ao baixista Joe Lally e ao antigo vocalista de Minor Threat, Skewbald, Egg Hunt e Embrace Ian MacKaye (que era tamén un dos donos do selo da banda, Dischord Records) en Fugazi. Mike Fellows pasou a facer traballos de múico de sesión para o selo Drag City e formou Miighty Flashlight, editando un álbum epónimo en 2002.
Picciotto non recoñece a atribución de "creador" do emo. Cando se lle preguntou nunha entrevista sobre ese tema a súa resposta foi, "Nunca recoñecín ao "emo" como un xénero musical. Sempre pensei que era o termo máis estúpido que existía. Sei que é normal que todas as badas odien o termo co que se lles etiqueta. Síntense escandalizados por iso. Pero honestamente, penso que tocas as bandas nas que toquei eran bandas de punk rock. A razón pola que penso que iso é tan estúpido é que - non eran Bad Brains emocionais? - eran robots ou algo así? Iso non ten ningún sentido para min".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.