From Wikipedia, the free encyclopedia
A rodanase ou rodanese é un encima mitocondrial que detoxifica o cianuro (CN−) ao convertelo en tiocianato (SCN−, tamén coñecido como "rodanato").[1] En encimoloxía, o nome común é tiosulfato sulfurtransferase (EC 2.8.1.1).[2] Cataliza a seguinte reacción:
tiosulfato sulfurtransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 2.8.1.1 | ||||||||
Número CAS | 9026-04-4 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Aínda que as regras de nomenclatura estándar para os encimas din que os seus nomes deben rematar en "ase" (neste caso sería rodanase), este encima é moitas veces coñecido como rodanese e así aparece en moitas bases de datos (rhodanese en inglés). Isto débese a que foi un encima descuberto en 1933,[3] antes de que se establecese a Comisión de Encimas en 1955; e daquela o nome orixinal estaba xa moi asentado e seguiu tendo un amplo uso ata os nosos días.
O nome sistemático desta clase de encimas é "tiosulfato:cianuro sulfurtransferase". Outros nomes en uso común son "tiosulfato cianuro transsulfurase", "tiosulfato tiotransferase", "tiosulfato sulfurtransferase", "rodanese" e "rodanase".
Esta reacción ten lugar en dúas etapas. O diagrama da imaxe do cadro mostra a estrutura determinada por cristalografía de raios X da rodanase. En canto o seu mecanismo de acción, o primeiro paso é que o tiosulfato é reducido polo grupo tiol da cisteína-247 (1), para formar un persulfuro e un sulfito (2). O segundo paso é a reacción do persulfuro con cianuro para producir tiocianato, rexenerando o tiol da cisteína (1).[4]
A rodanase comparte relacións evolutivas cunha gran familia de proteínas, entre a que se inclúen as seguintes:
A rodanase ten unha duplicación interna. Este dominio atópase como copia simple noutras proteínas, incluíndo fosfatases e as ubiquitina C-terminal hidrolases.[6]
Esta racción é importante para o tratamento da exposición ao cianuro, xa que o tiocianato formado ten unha toxicidade 200 veces menor.[7]:p. 15938 O uso da solución do tiosulfato como antídoto para o envelenamento por cianuro está baseado na activación deste ciclo encimático.
A rodanase mitocondrial humana é a TST.
Estes outros xenes humanos teñen o dominio "similar a rodanase" en InterPro, pero non son a rodanase coa súa actividade catalítica típica (ver tamén a lista de proteínas relacionadas da familia en #Estrutura e mecanismo):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.