político palestino From Wikipedia, the free encyclopedia
Salam Fayyad (en árabe: سلام فياض, Salām Fayāḍ), nado en 1952, é un político palestino, antigo Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina. O seu primeiro nomeamento foi o 15 de xuño de 2007, xustificado polo Presidente Abbas pola situación de "emerxencia nacional", non foi confirmado polo Consello Lexislativo Palestino.[1][2] Foi nomeado de novo o de 19 de maio de 2009, até o 6 de xuño de 2013. Fayyad tamén foi o Ministro de Economía dende o 17 de marzo de 2007 e anteriormente ocupou este mesmo cargo dende xuño de 2002 a novembro de 2006.[3][4]
Nado en Deir al-Ghusun. Graduouse na Universidade Americana de Beirut en 1975[5] e recibiu o seu MBA na St. Edward's University en 1980.[6] Fayyad ten un Doutourado en economía pola Universidade de Texas, onde foi alumno de William Barnett e fixo as súas primeiras investigacións. Fayyad comezou a ensinar economía na Yarmouk University en Xordania, antes de incorporarse ao FMI en 1987. despois traballou como xerente rexional do Banco Árabe, antes de aceptar unha oferta para converterse en Ministro de Economía de Arafat.
Tras dimitir como Ministro, presentouse como líder e fundador do novo partido A Terceira Vía nas Eleccións Lexislativas Palestinas de 2006 xunto con Hanan Ashrawi e Yasser Abd Rabbo.[7] Fayyad e Ashrawi lograron os seus escanos.
O 17 de marzo de 2007, nomearon a Fayyad ministro de economía, dentro da coalición de goberno entre Fatah e Hamás.[8]
O 17 de outubro de 2008, mentres visitaba a Universidade de Texas, recibiu o premio a Alumno Distinguido antes dun partido de fútbol entre Texas e Missouri.
O 7 de marzo de 2009, Salam Fayyad presentoulle a súa renuncia ao presidente Mahmoud Abbas.[9]
O 19 de maio de 2009, Fayyad volveu ao posto de primeiro ministro.[10]
Fayyad está casado con Bashaer Kaloti, ten tres fillos, Khaled, Iman e Abdallah.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.