Yom Hashoá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yom HaShoá, tamén transcrito Yom Hashoá (en hebreo: יום השואה, yom hash-sho’āh; literalmente: Día da Shoá ou Día do Recordo do Holocausto) é un día conmemorativo de Israel, que acontece o 27 de Nisán do calendario, entre os meses de marzo e abril no calendario gregoriano.[1][2][3] Esta xornada, considerada festivo nacional en Israel, é lembrada anualmente como día de recordo das vítimas do Holocausto e da valentía dos resistentes e sobreviventes.[4][5]
Holocausto |
---|
Elementos preliminares |
Política racial · Euxenesia
Leis de Núremberg · Eutanasia Forzada · Campos de concentración · (lista) |
Os xudeus durante a segunda guerra mundial |
Os xudeus na Alemaña nazi |
Pogromos: A noite dos cristais rotos · Pogrom de Bucarest · Pogrom de Dorohoi · Pogrom de Iaşi · Masacre de Jedwabne · Pogrom de Kaunas · Pogrom de Lviv |
Guetos: de Budapest · de Cracovia · de Kaunas · de Łódź · de Lviv · Campo de Theresienstadt · gueto de Varsovia · gueto de Vilnius |
Einsatzgruppen: Babi Yar · Rumbula · Ponary · Holocausto en Odesa |
Solución final: Conferencia de Wannsee · Operación Reinhard |
Campos de extermínio nazis: Auschwitz · Birkenau · Belzec · Chelmno · Majdanek · Treblinka · Sobibor |
Resistencia: Xudeus partisanos · Levantes nos guetos xudeus (Varsovia) |
Fin da Segunda Guerra Mundial: Marchas da morte · Berihah · Sh'erit ha-Pletah |
Outras vítimas |
Generalplan Ost · Polacos · Republicanos e socialistas · Porraimos · Homosexuais |
Responsables |
Alemaña Nazi: Hitler · Eichmann · Heydrich · Himmler · SS · Gestapo · SA Colaboracionismo Secuelas· Xuízos de Núremberg · Desnazificación |
Listas |
Sobreviventes · Vítimas · Rascatadores |
Existe un equivalente internacional: o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, que se celebra o 27 de xaneiro (primeiro mes do calendario gregoriano), comparable ao 27 de Nisán (primeiro mes do calendario hebreo cultual).
Orixinalmente, o día proposto para o Yom Hashoá foi o día 15 de Nisán, aniversario da revolta do gueto de Varsovia (19 de abril de 1943), pero esta proposta foi rexeitada por causa de coincidir co primeiro día de Pésaj. O día 27 foi escollido por ser oito días antes da conmemoración de Yom Ha'atzmaut, Día da Independencia de Israel. O Yom Hashoá foi establecido en 1959 como lei en Israel e aprobado por David Ben-Gurión e Yitzhak Ben-Zvi.
Ás 10:00 horas do Yom Hashoá, as sirenas aéreas soan durante dous minutos. Os vehículos de transporte público paran por este período e as persoas permanecen en silencio. Durante o Yom Hashoá, establecementos públicos son pechados, a televisión e a radio transmiten cancións e documentais sobre o Holocausto e todas as bandeiras quedan a media hasta.