41ª edición dos Óscar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A 41ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 14 de abril de 1969 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Por primeira vez desde a 11.ª edición non houbo mestre de cerimonias.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Localización ...
Remove ads

Premios

Thumb
Cliff Robertson, mellor actor
Thumb
Katharine Hepburn, mellor actriz
Thumb
Barbra Streisand, mellor actriz
Thumb
Jack Albertson, mellor actor secundario
Thumb
Ruth Gordon, mellor actriz secundaria
Thumb
Mel Brooks, mellor guión orixinal
Thumb
Walt Disney, mellor curtametraxe animada
Thumb
John Barry, mellor banda sonora
Thumb
Michel Legrand, mellor canción

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Máis información Mellor filme, Mellor director ...
Remove ads

Premios de honra

Óscar honorífico

Premio Humanitario Jean Hersholt

Controversias

A actuación de Cliff Robertson en Charly tivo unha acollida xeralmente mixta por parte da crítica e do público. Cando gañou o Óscar ao Mellor Actor, xerou certa controversia: menos de dúas semanas despois da cerimonia, a revista Time mencionou as preocupacións xeneralizadas da Academia pola "solicitude excesiva e vulgar de votos" e dixo que "moitos membros coincidiron en que o premio de Robertson estaba baseado máis na promoción que no rendemento".[1]

Young Americans foi anunciado como gañador da longametraxe documental, pero o 7 de maio de 1969, o filme foi descualificado cando se descubriu que se estreara en outubro de 1967, polo que non podía optar a un premio de 1968. Journey into Self, o primeiro finalista, recibiu o Óscar ao día seguinte.

A noite da cerimonia creouse unha polémica cando Johnny Carson e Buddy Hackett anunciaron nun sketch no Tonight Show desa noite, gravado tres horas antes da cerimonia de entrega dos premios, que Oliver! sería o gañador do mellor filme e que Jack Albertson gañaría o premio ao mellor actor secundario. A columnista Frances Drake afirmou que a maioría dos que viron creron que Carson e Hackett "estaban facendo unha broma práctica ou fixeron unha suposición afortunada".[2] Como Carson lembrou anos despois, creou unha gran controversia e houbo despedimentos en Price Waterhouse. Referíndose ao feito como "o grande engano de Carson", PricewaterhouseCoopers afirmou nun comunicado de prensa de 2004 que "máis tarde se comprobou que Carson e Hackett fixeron algunhas suposicións afortunadas para a súa rutina, disipando os rumores de violación da seguridade e mantendo intacto a integridade do proceso das votacións".[3] A Academia máis tarde contratou a Carson cinco veces para presentar a cerimonia.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads