79ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A 79ª edición dos Óscar presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2006 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 25 de febreiro de 2007 no Kodak Theatre en Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia, televisada nos Estados Unidos pola ABC, foi producida por Laura Ziskin e dirixida por Louis J. Horvitz. A actriz Ellen DeGeneres foi a presentadora por vez primeira.[1] Dúas semanas antes, nun evento do Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills o 10 de febreiro, foron presentados os Premios da Academia ó Logro Técnico por Maggie Gyllenhaal.[2]
Infiltrados gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme e mellor director para Martin Scorsese.[3][4] Outros gañadores foron El laberinto del fauno con tres, An Inconvenient Truth, Dreamgirls e Little Miss Sunshine con cadanseus dous premios, Babel, The Blood of Yingzhou District, Den danske dikteren, Happy Feet, The Last King of Scotland, Cartas de Iwo Jima, The Lives of Others, Marie Antoinette, Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest, The Queen e West Bank Story cun premio. A audiencia ascendeu a case 40 millóns de espectadores nos Estados Unidos.
Remove ads
Gañadores e nomeados
Os nomeados da 79ª edición foron anunciados o 23 de xaneiro de 2007, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Sid Ganis, presidente da Academia, e pola actriz Salma Hayek.[5] Dreamgirls foi o que máis nomeamentos recibiu, oito, seguido por Babel con sete.[6] Nesta edición, ocorreu por primeira vez que o filme con máis nomeamentos non o estaba para o premio ó mellor filme.[7]
Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia o 25 de febreiro de 2007.[8] Co seu derradeiro nomeamento coma mellor actor, Peter O'Toole converteuse no intérprete máis nomeado sen ter gañado un só premio.[9] "I Need to Wake Up" de An Inconvenient Truth converteuse na primeira canción dun documental en gañar o premio á mellor canción orixinal.[10]
Premios






Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[11]
Oscar de Honra
Premio humanitario Jean Hersholt
- Sherry Lansing[13]
Predecesor: 78ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 79ª edición dos Óscar |
Sucesor: 80ª edición dos Óscar |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads