A Graña de Vilarente, Abadín
parroquia civil do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María Madanela da Graña de Vilarente[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 174 habitantes en 2023 (88 homes e 86 mulleres) segundo datos do IGE[3]. Iso supón un descense da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres).
Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 16'81 hab/km² no 2023.
Remove ads
Xeografía
As entidades son A Cabana (25), A Cabeceira ou A Carballeira (13), O Carboeiro (12), A Casavella (4), O Coído (10), Fraga de Vila (11), Penela (7), Porto da Moura (25), A Pumarega (2), Ruavella (23), Os Trinta (12), Vilar de Nuño (22) e Vista Alegre (8). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.
Orografía
Destacan os cumios de Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).
Remove ads
Patrimonio
- O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vans con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cuadrangular de tipo asturiano, alpendres etc. Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cuadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.
Remove ads
Galería de imaxes
- Vista da parroquia.
- Cruceiro.
- Vista da igrexa.
- Igrexa e cemiterio.
Lugares e parroquias
Lugares da Graña de Vilarente
Lugares da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre |
Parroquias de Abadín

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads