Cabaneiro, Abadín
parroquia civil do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Bartolomeu de Cabaneiro[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE[3], en 2023 tiña 45 habitantes (18 homes e 27 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2019 cando tiña 50 habitantes (20 homes e 30 mulleres), nas súas 6 entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabaneiro.
Remove ads
Xeografía
Ten unha superficie de 4,09 km², e pertence ao arciprestado de Baroncelle. Limita coas parroquias de Abadín, Fanoi, Candia, Corvite, As Goás, Quende, Fraiás e o concello da Pastoriza.
As súas entidades de poboación son Os Currás (10), Formado (5), Odreiro (7), A Pedreira (7), A Picheira (12) e O Porto Pequeno (9). A Panda é ooutro lugar da parroquia. En 2015 a densidade media de poboación era de 12,22 hab./km².
Remove ads
Patrimonio
Cruceiros
Na aldea dos Curras consérvanse dous cruceiros:
- O primeiro está composto de granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo, e a Virxe e San Xoán de menor tamaño; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con decoración xeométrica na súa parte superior, continuando cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira); e base troncopiramidal con inscrición ilexible. Localízase no adro da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Cabaneiro.
- O segundo cruceiro, realizado en granito. De sinxela cruz con figura arcaizante do Cristo, con moi pouco relevo. Carece de fuste e apoiase directamente sobor dunha base troncopiramidal. Non presenta inscrición ningunha coa data de realización.
Remove ads
Lugares e parroquias
Lugares de Cabaneiro
Lugares da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Currás | Formado | Odreiro | A Panda | A Pedreira | A Picheira | O Porto Pequeno |
Parroquias de Abadín

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads