Candia, Abadín
parroquia civil do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Candia é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE[2], en 2023 tiña 57 habitantes (26 homes e 31 mulleres) o que supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando tiña 84 habitantes (42 homes e 42 mulleres), cunha densidade de 20,79 hab./km² e con 8 entidades de poboación e 7 lugares.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Candia.
Ten 4,04 km² de superficie. Limita coas parroquias de Castromaior, Goás, Cabaneiro e Abadín. Pertencente ó arciprestado de Baroncelle.
As entidades son Carballás (21), Os Castros (12), A Grandela (13), Louside (3), Pedrafita (13), A Penamoura (4), Ponterroxal (5) e As Prazas (13). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Barrio do Rei, Carballido, O Cristo, A Galgueira, Rego de Candia, Rozavella e Ruxidoiro.
Remove ads
Patrimonio

Esta parroquia, ó igual que as adxacentes é moi rica en cruceiros, na inmensa maioría datados ao redor dos anos 1900. A igrexia era propiedade feudal da familia Candia, que construíu a parroquia na finca familiar en honra e agradecemento a San Pedro de Candia, polos logros da conquista das Américas, en nome do honrado don Pedro de Candia.[3]
Lugares e parroquias
Lugares de Candia
Lugares da parroquia de Candia no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio do Rei | Carballás | Carballido | Os Castros | O Cristo | A Galgueira | A Grandela | Louside | Pedrafita | A Penamoura | Ponterroxal | As Prazas | Rego de Candia | Rozavella | Ruxidoiro |
Parroquias de Abadín

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads