Seivane de Vilarente, Abadín
parroquia do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xoán de Seivane de Vilarente é unha parroquia do concello de Abadín, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2004 tiña 240 habitantes, distribuídos en 8 entidades de poboación e 19 lugares, cunha densidade media de 45,3 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 207 habitantes, sendo 102 homes e 105 mulleres.
A poboación distribuíase do seguinte xeito: Cabanela (26), Cabaza (22), Fabega (9), A Pedrosa (36), O Rego das Pedras (12), Rieiro (34), A Touceira (27) e Vilaseñor (41).
Remove ads
Xentilicio
O seu xentilicio é vilarentino.[2]
Xeografía
Ten unha superficie de 5,3 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle e Vilarente (as tres do concello de Abadín) e de San Martíño de Corvelle (concello da Pastoriza). Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Entre os seus cumios destacan o Porto das Égoas (631 m) e Argán (585 m).
Patrimonio
Esta parroquia, o igual que as adxacentes é rica en cruceiros.
Lugares e parroquias
Lugares de Seivane de Vilarente
Lugares da parroquia de Seivane de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Cabanela | Cabaza | A Casanova | A Cernada | O Coído | Costa | Fabega | A Furada | Gabín | O Igrexario | Os Mariños | Moa | Montecelo | A Orxeira | Paleira | A Pedrosa | As Podrés | Os Portos Carros | Prado da Valiña | Rabuña | O Rego das Pedras | Rieiro | A Touceira | O Valiño | A Veiga | Vilaseñor | Xácoma |
Parroquias de Abadín

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads