Adam Elsheimer

pintor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Adam Elsheimer
Remove ads

Adam Elsheimer, bautizado en Frankfurt am Main o 18 de marzo de 1578 e soterrado en Roma o 11 de decembro de 1610, foi un célebre pintor alemán do século XVII. Polo seu dominio do claro-escuro e a perfección dos seus cadriños, tivo (xunto con Caravaggio) unha carreira fulgurante, cortada por unha morte precoz en 1610, un papel determinante na elaboración da chamada pintura de historia «moderna», superando ambos o manierismo e anunciando o grande estilo barroco do XVII.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo dun xastre, recibiu a súa formación inicial. entre 1593 e 1598, no taller de Philip Uffenbach en Frankfurt. Despois de deixar a súa cidade natal, chegou a Venecia, onde traballou con Hans Rottenhammer, aprendendo del o gusto polas pinturas sobre cobre. Desa época destaca un cadro da Sagrada Familia con anxos de 1599, conservado en Berlín, que mostran influencias, no uso das cores dos grandes venecianos (Tiziano, Tintoretto e Paolo Veronese).

En 1600 pasou a residir en Roma, converténdose ao catolicismo no 1606. Deste período é a Educación de Baco, agora en Frankfurt, unha paisaxe con figuras mitolóxicas, ligado á concepción manierista da paisaxe da escola holandesa, derivada de Paul Brill.

Nestes mesmos anos interesouse nos contrastes lumínicos que observou nas obras de Caravaggio, e máis nas paisaxes de inspiracións clásicas de Annibale Carracci e do Domenichino, buscando plasmar nas súas obras composicións monumentais, como na paisaxe con Aurora (Herzog-Anton-Ulrich Museum, en Braunschweig). De 1609 data a paisaxe nocturna da Fuga a Exipto (Alte Pinakothek, Múnic).

O nocturno de Filemón e Baucis (Dresden), cun tema tirado das Metamorfoses de Ovidio, está tratado cun ton intimista que outorga vida a un mundo fabuloso, no que os deuses son a aparición concreta do divino.

Remove ads

Obras

Máis información Cadro, Título ...
Remove ads

Seguidores

Son sobre todo os alemáns os seus principais seguidores: Johann König e Thomas von Hagelstein, mentres en Roma un dos que formou parte do seu círculo foi o grande Rubens. Rembrandt coñeceu a súa obra a través de Hendrik Goudt e o seu mestre Pieter Lastman. Respecto á pintura paisaxística, Elsheimer preparou o camiño para Claude Lorrain, e os paisaxistas holandeses Cornelis van Poelenburgh, Bartholomeus Breenbergh, Jan e Jacob Pynas.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads