Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

aeroporto a 8 km de Málaga From Wikipedia, the free encyclopedia

Aeroporto de Málaga-Costa del Solmap
Remove ads

O Aeroporto de Málaga–Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Tolosa-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.[2]

Datos rápidos Aeropuerto de Málaga–Costa del Sol, IATA: AGP – ICAO: LEMG ...
Remove ads

Características

Na actualidade ocupa o cuarto lugar en canto a volume de tráfico entre os aeroportos de España (terceiro da Península Ibérica) e o posto 22 na Unión Europea. En 2007 alcanzou os 13 590 537 pasaxeiros (10 001 021 en voos internacionais) e 129 693 operacións de engalaxe e aterraxe, cifras que o sitúan como a gran porta de entrada do turismo non só para a Costa do Sol senón para toda Andalucía xa que representa en torno ao 85% de todo o tráfico internacional de toda a comunidade e sobre todo o único que pode ofrecer un amplo abanico de destinos.[3]

No aeroporto, situado no distrito de Churriana, a 8 quilómetros do centro de Málaga e comunicado con toda a Costa do Sol, operan máis de 60 compañías aéreas que enlazan diariamente con vinte cidades españolas e máis de cen cidades de Europa (fundamentalmente con Reino Unido, centro Europa e os países nórdicos pero tamén as principais cidades de Europa do Leste: Moscova, San Petersburgo, Budapest, Sofía, Varsovia, Riga ou Bucarest), o Norte de África, Oriente Medio (Riad, Jeddah e Kuwait) e Norteamérica (Nova York, Toronto e Montreal).[4]

Remove ads

Aeroliñas e destinos

Máis información Aeroliñas, Destinos ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads