Andrew Mountbatten Windsor

Duque de York From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrew Mountbatten Windsor
Remove ads

Andrew Albert Christian Edward Mountbatten Windsor, coñecido anteriormente como príncipe André, nado en Londres o 19 de febreiro de 1960, é o terceiro fillo e segundo varón da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. Foi duque de York e o sétimo na liña de sucesión ao trono británico. En outubro de 2025, André renunciou aos seus títulos reais por mor da súa relación con Jeffrey Epstein.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

O príncipe naceu no Palacio de Buckingham e como fillo da raíña foille concedido o tratamento de Alteza Real. Foi bautizado o 8 de abril de 1960.

O príncipe tivo unha educación na casa para posteriormente ingresar na Heathersdown Preparatory School e en Gordonstoun.

Servizo na Mariña Real

En 1979 enlistouse na Mariña Real Británica. Loitou na Guerra das Malvinas servindo ao barco HMS Invincible. Foi ascendendido a comandante pero retirouse no 2001.

Cando André era duque de York tiña como obriga real representar ao Reino Unido na área de comercio e investimento.

Matrimonio e descendencia

O 23 de xullo de 1986 casou con Sarah Ferguson na Abadía de Westminster. Adquiriu os títulos de duque de York, conde de Inverness e barón Killyleagh. Tiveron dúas fillas;

En 1992 a parella separouse e acordouse un divorcio para o ano 1996.

Remove ads

Caso Jeffrey Epstein

Virginia Giuffre, unha das vítimas de tráfico sexual do millonario Jeffrey Epstein, na súa declaración afirmou que foi obrigada a manter relacións sexuais co príncipe André de Inglaterra en 2001.[2]

Na súa primeira entrevista para un medio británico, Giuffre contou como foi levada a Londres dende os Estados Unidos cando tiña 17 anos. Segundo o seu relato, Epstein e a súa entón parella, Ghislaine Maxwell (filla do magnate dos medios Robert Maxwell), levárona a Tramp (club nocturno) da capital británica para atoparse con André de Inglaterra. O príncipe André foi criticado dende hai moitos anos pola súa amizade con Jeffrey Epstein. "Xa no auto, Ghislaine díxome que tiña que facer con André o mesmo que fixera con Jeffrey, e iso púxome enferma", asegurou.

A vítima contou que aquel encontro sexual co príncipe André, que tivo lugar segundo o seu relato nunha habitación da casa de Maxwell no barrio Belgravia, "non durou moito" e resultou "desagradábel". "El non se portou mal nin nada, pero levantouse, dixo grazas e foise", contou. Iñantes, relatou como fora o seu encontro no club, polo que definiu ao príncipe André como "o bailarín máis espantoso" que vira na súa vida. "Era horríbel, e non paraba de suar enriba de min. A súa suor esparexíase por todos lados coma se fose choiva. Dábame noxo, pero sabía que tiña que facerlle estar contento, porque era o que Jeffrey e Ghislaine esperaban de min".[3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads