Arante, Ribadeo
parroquia civil do concello de Ribadeo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Arante é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo e eclesiasticamente ó arciprestado da Ría de Abres. Segundo o censo en 2004 tiña 271 habitantes, agrupados en 8 entidades e 5 lugares, cunha densidade media 19,2 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 204 habitantes, sendo 86 homes e 118 mulleres.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rante.
Remove ads
Xentilicio
O seu xentilicio é arantego[2].
Toponimia
O topónimo Arante aparece como ecclesia Santi Petri de Alanti nun documento do ano 935, e coa forma Arante en diplomas posteriores con data de 1305, 1351 e 1371, entre outros. Edelmiro Bascuas descarta que se trate do descendente do xenitivo do antropónimo galo alantius (orixe do francés Alençon), que encaixaría coa variante máis antiga atestada mais que careceu de difusión na Península Ibérica, e entende Alanti como erro paleográfico ou alteración fonética de difícil explicación, reconstruíndo a etimoloxía do topónimo a partir da variante máis abundante, Arante.[3] Podería ser un hidrotopónimo baseado no indoeuropeo *er- ‘fluír, moverse’ a través dunha variante *ar- á que se lle engade o coñecido sufixo -nt- conforme a un esquema morfolóxico frecuente en topónimos de orixe antigo-europea. Bascuas (2002: 169), considera unha secuencia sufixal -ante presente tamén en topónimos como Amarante, Serantes e similares. De todos os xeitos, o mesmo tema *arant- aparece tamén en topónimos galegos como Arantón, Arantei e similares, de fasquía prerromana.
Remove ads
Xeografía
Limita coas parroquias de Covelas, Cedofeita, Vidal e A Fórnea (Trabada) e Vilamartín Pequeno (Barreiros); tamén limita cara ao norte cos montes de Penalonga e o Monte Mondigo. Entre os seus regatos e río destacan o Lexoso (cara ao nordeste) e o Arante (que fai de entronque co anterior e que, dirixíndose o sur, pasará a chamarse río Grande).
Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de Ribadeo cunha altitude media de 440 m, ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación).
As entidades de poboación son O Barredal (27), Os Bestilleiros (23), Cei (44), Cima de Vila (17), Fondo de Vila (23), A Ponte (14), Remourelle (98) e Vilamariz (25). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Os Fornos, A Madanela, As Pereiriñas, Portobragán e Rego de Mel.
Evolución da poboación

Arante presenta unha tendencia ó despoboamento a comezos do século XXI:[4]
Total | homes | mulleres | |
2018 | 195 | 84 | 111 |
2017 | 194 | 83 | 111 |
2016 | 196 | 85 | 111 |
2015 | 195 | 84 | 111 |
2014 | 204 | 86 | 118 |
2013 | 203 | 88 | 115 |
2012 | 216 | 96 | 120 |
2011 | 225 | 101 | 124 |
2010 | 239 | 110 | 129 |
2009 | 244 | 108 | 136 |
2008 | 243 | 104 | 139 |
2007 | 246 | 105 | 141 |
2006 | 256 | 114 | 142 |
2005 | 265 | 120 | 145 |
2004 | 271 | 124 | 147 |
2003 | 278 | 126 | 152 |
2002 | 289 | 132 | 157 |
2001 | 297 | 135 | 162 |
2000 | 313 | 142 | 171 |
Historia

A parroquia de Arante aparece citada en varias ocasións no libro de Francisco Lanza Ribadeo Antigo, referíndose a existencia dun castro levantado sobre un montículo natural. A parroquia recibe o seu nome do río Arante que flúe ó pé do seu val.[5] Este nome está formado pola raíz indoeuropea Ar (correr, fluír), e polo sufixo 'ante', co sufixo -nt- moi frecuente en formacións prerromanas de raíces hidronímicas (hidronimia paeloeuropea)[6], como Serantes, Amarante etc. A parroquia está documentada como Alanti.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Pedro de Arante é do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.
Na aldea da Ponte está o santuario da Nosa Señora das Virtudes. No barrio de Remourelle está a capela de Santa María Madalena.
En Arante consérvase o Castro da Aira da Croa,[7]
Remove ads
Festas
A festa patronal, na honra de San Pedro, é o 29 de xuño, celebrándose cunha pequena procesión. A romaría das Cruces ten lugar sete semanas despois da Semana Santa. É unha pequena romaría e procesión na que se levan sete cruces de sete parroquias distintas, (que simbolizan as sete parroquias orixinarias do concello). O 21 de agosto celébrase a Festa da Magdalena.
Galería de imaxes
- Detalle no interior da igrexa das Virtudes
- Detalle do interior da igrexa das Virtudes, escenificando un milagre
- O Pozo Mouro, en Remourelle
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads