As bestas

filme de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen From Wikipedia, the free encyclopedia

As bestas
Remove ads

As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán.[1] Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla,[2] o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.

As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).

Remove ads

Sinopse

Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.[3][4]

Baséase na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.

Remove ads

Personaxes

Thumb
Luis Zahera co Goya ao mellor actor secundario pola súa interpretación de Xan Anta.
Remove ads

Produción

O filme foi producido por Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Cronos Entertainment e Le Pacte, coa participación de RTVE, Movistar+, Canal+ e Cine+, o apoio de Eurimages e financiamento de ICAA.[1] O guión foi escrito conxuntamente entre Isabel Peña e Sorogoyen.[4] Entre o equipo de produción están moitos colaboradores habituais de Sorogoyen (como o compositor Olivier Arson, o director de fotografía Alex de Pablo e o editor de filmes Alberto del Campo).[1]

Sorogoyen informou de que rodaría o filme "como un western".[3] A rodaxe comezou o 16 de setembro de 2021 e rematou o 13 de decembro de 2021.[1][9] As localizacións da rodaxe inclúen O Bierzo e a Galicia interior.[10]

Estrea

As bestas estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 26 de maio de 2022,[11] proxectándose fóra de competición na sección Cannes Première.[12][13] O filme estreouse nos cinemas franceses o 20 de xullo de 2022.[14][15] Tamén se proxectou na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia en setembro de 2022, como parte da lista de filmes 'Pearls'.[16][17] Tamén foi escollido na lista principal do 35º Festival Internacional de Cinema de Toquio (para a súa estrea asiática).[18] Dende abril de 2022, ten unha data provisional de estrea en cinemas en España fixada para o 11 de novembro de 2022.[19]

Remove ads

Acollida

Thumb
Entrada para o filme As bestas en Cantones Cines da Coruña.

Wendy Ide de ScreenDaily considerou que o filme é "un suspense psicolóxico estupendo e unha peza de cinema melancólica e musculosa que aproveita ao máximo tanto o telón de fondo galego como o impoñente físico de Menochet e o seu némesis Xan, o notable Luis Zahera.[8]

Manu Yáñez de Fotogramas valorou o filme con 3 de 5 estrelas, escribindo que Sorogoyen "mostra o seu talento para xerar situacións cargadas de hostilidade flagrante", valorando "a forma en que Sorogoyen xestiona o tempo de cada escena", sendo o mellor do filme, ao tempo que debuxa o "retrato grotesco dos habitantes do rural galego”, próximo á caricatura, como o peor da mesma.[20]

Nunha reportaxe na Radio Galega fixéronse eco de críticas en redes sociais e xornais polo que cualificaron de "torva e inaceptable mirada sobre Galicia"[21] e de presentar o país como diferente, mais non pola súa cultura "senón polo seu primitivismo brutal".[22]

En agosto de 2022, os membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España escolleu As bestas na súa preselección de tres filmes para a súa candidatura ao mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar xunto a Alcarràs e Cinco lobitos.[23] O filme foi nomeado ademais a 17 premios Goya.[24]

Remove ads

Galardóns e nomeamentos

Máis información Ano, Galardón ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads