XXXVII edición dos Premios Goya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 37 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cine español en 2022 e tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla, coñecido como FIBES, o 11 de febreiro de 2023.[1][2] O anuncio de Sevilla como cidade anfitrioa da 37ª edición realizouse o 29 de xuño de 2022 e, ese mesmo día, tamén se anunciou que o número de nomeados para tódalas categorías pasaría de catro a cinco.[2]

O cineasta Carlos Saura, quen finara o día anterior á cerimonia, recibiu o Goya de Honra pola traxectoria "pola súa ampla e moi persoal contribución creativa á historia do cine español desde finais dos 50 ata hoxe”.[3] O director deixara un discurso escrito que foi lido pola súa viúva, Eulalia Ramón, en representación da familia e onde deixou escritas as seguintes frases: "Serei feliz se o cine que fixen serviu ás novas xeracións" e "Sempre dixen que a imaxinación é máis rápida cá luz".[4]
O 1 de decembro de 2022, as actrices Blanca Portillo e Nora Navas, que o ano anterior gañaran candanseu premio, foron as encargadas de anunciar cales eran os 5 nomeamentos para cada unha das 28 categorías, entre as 165 películas españolas que se estrearon durante 2022 (94 de ficción, 63 documentais e 8 de animación) nomeáronse 5 para as 28 categorías.[5] Destacaron: As bestas con dezasete candidaturas, seguida de Modelo 77 con dezaseis e Alcarràs e Cinco lobitos, ámbalas dúas películas con once.[5][6]
A cerimonia, producida por Gestmusic, estivo presentada polos actores Antonio de la Torre e Clara Lago,[5] que xa traballaran xuntos na película Primos (2011), e foi dirixida por Tinet Rubira e Ángel Custodio, con Fernando Pérez coordinando o equipo de guionistas.[7]
Premios
Mellor película | Mellor dirección |
---|---|
|
|
Mellor interpretación masculina protagonista | Mellor interpretación feminina protagonista |
|
|
Mellor interpretación masculina secundaria | Mellor interpretación feminina secundaria |
|
|
Mellor guión orixinal | Mellor guión adaptado |
|
|
Mellor dirección novel | Melor dirección artística |
|
|
Mellor actor revelación | Mellor actriz revelación |
|
|
Mellor película documental | Mellor película de animación |
|
|
Mellor dirección de produción | Mellor montaxe |
|
|
Mellor fotografía | Mellor son |
|
|
Mellor música orixinal | Mellor canción orixinal |
|
|
Mellor deseño de vestiario | Mellor maquillaxe e peiteado |
|
|
Mellores efectos especiais | Mellor curtametraxe de ficción |
|
|
Mellor curtametraxe documental | Mellor curtametraxe de animación |
|
|
Mellor película iberoamericana | Mellor película europea |
|
|
Premio Goya de Honra | Premio Goya Internacional |
![]() |
![]() |
Nomeamentos e premios das películas
Película | Nomeamentos | Premios |
---|---|---|
As bestas | 17 | 9 |
Modelo 77 | 16 | 5 |
Alcarràs | 11 | 0 |
Cinco lobitos | 3 | |
Los renglones torcidos de Dios | 6 | 0 |
Cerdita | 1 | |
En los márgenes | 5 | 0 |
Irati | 0 | |
Mantícora | 4 | 0 |
La maternal | 3 | 0 |
Un año, una noche | 1 | |
La piedad | 0 | |
Suro | 2 | 0 |
La consagración de la primavera | 1 | |
El agua | 0 | |
Malnazidos | 0 | |
Unicorn Wars | 1 | |
Sintiéndolo mucho | 1 |
In Memoriam
Tamén foron homenaxeados In Memoriam, os que finaron durante o 2022: Juan Diego, Agustí Villaronga, Silvia Gambino, o exministro de Cultura José Guirao, o escritor Javier Marías, Antonio Ibáñez, Beatriz Álvarez Guerra, Carlos Saura, Fernando Estrella, Chete Lera, Eugenio Martín, Fernando Fernández, Juan Antonio Quintana, Luis Marín, Paco Merino, Pep Guinyol, Rosa Guiñón, e Rosa Mariscal entre outros[10]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.