Atlas SLV-3

From Wikipedia, the free encyclopedia

Atlas SLV-3
Remove ads

Atlas SLV-3 foi un lanzador orbital pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais.

Datos rápidos Función, Tamaño ...
Remove ads

Características

O Atlas SLV-3 foi unha versión estandarizada do foguete Atlas para lanzamentos espaciais. Despois da básica viñeron caro revisións máis: os Atlas SLV-3A, SLV3-B, SLV3-C e SLV3-D, cada un coas súas variantes.

Variantes

Atlas SLV-3 Agena B

Consistía nun Atlas SLV-3 cunha segunda etapa Agena B, co que se conseguía poder lanzar ata 600 kg de carga á órbita xeoestacionaria. Lanzouse un único foguete desta variante.

Atlas SLV-3 Agena D

Consistía nun Atlas SLV-3 cunha segunda etapa Agena D, incrementando a carga para a órbita baixa terrestre ata os 1000 kg e para a órbita xeoestacionaria a 700. Lanzouse 47 veces, con 5 fallos totais e un parcial.

Atlas SLV-3A Agena D

Un Atlas SLV-3A, mellorado e máis potente, cunha segunda etapa Agena D. Lanzouse 12 veces, cun só fallo, e todos desde Cabo Cañaveral.

Atlas SLV-3B Agena D

Un Atlas SLV-3B cunha segunda etapa Agena D. Lanzouse unha soa vez para poñer en órbita o observatorio espacial OAO-1.

Atlas SLV-3C Centaur D

Consistía nun Atlas SLV-3C, unha versión mellorada do foguete base, usando unha segunda etapa Centaur D. Capaz de poñer 1800 kg en órbita. Lanzouse 16 veces, todas desde Cabo Cañaveral, con tres fallos.

Atlas SLV-3D Centaur D

A última iteración dos Atlas SLV-3, o Atlas SLV-3D era unha versión máis potente e usaba unha segunda etapa Centaur D1A ou Centaur D1AR. Era capaz de poñer ata 1800 kg en órbita xeoestacionaria. Lanzouse 32 veces, todas desde Cabo Cañaveral, con dous fallos totais e un parcial.

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

  • Mark Wade (2018). "Atlas SLV-3" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Mark Wade (2018). "Atlas SLV-3 Agena B" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Mark Wade (2018). "Atlas SLV-3 Agena D" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Mark Wade (2018). "Atlas SLV-3C Centaur" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2018.
  • Mark Wade (2018). "Atlas SLV-3D Centaur" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3 Agena-B" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3 Agena-D" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3C Centaur-D" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3D Centaur-D1A Star-37E" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3D Centaur-D1AR" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3D Centaur-D1A" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
  • Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-SLV3B Agena-D" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020.


Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads