Azolla filiculoides

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Azolla filiculoides
Remove ads

Azolla filiculoides é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.[2]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

É un pequeno fento acuático nativo de zonas temperadas e tropicais de América, onde habita en lagos, lagoas e ríos de corrente lenta. É unha planta invasora que colonizou a maior parte do Vello Mundo, incluíndo Asia, e tamén Australia.

É unha planta que en Europa mostra, localmente e baixo certas condicións (augas lentas e bastante eutróficas), gran capacidade invasora, ou polo menos de proliferación. Porén, demostrou ser utilizábel como esterco verde e como axente para a desintoxicación de residuos ou augas industriais, en particular no que se refire aos metais pesados.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1783 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck en Encyclopédie Méthodique, Botanique 1 (1): 343.[3][4]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Azolla.

O epíteto específico, filiculoides, é un termo do latín científico derivado dos elementos filic-, de filix, -icis, "fento", -ul[us]-, diminutivo, e -oides, "semellante".[5] Literalmente: "semellante a un pequeno fento".

Nota taxonómica

Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[6][7] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[8] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das salviniáceas.

Sinónimos

Ademais de polo protónimo cuñado por Lamarck e asctualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónios:[2][4]

  • A. arbuscula Desv.
  • A. filiculoides var. rubra (R.Br.) Strasb.
  • A. magellanica Willd.
  • A. squamosa Molina
Remove ads

Ecoloxía

Posúe un crecemento moi rápido, sendo quen de cubrir amplas superficies en poucos meses. Cada individuo ten un diámetro de 1–2 cm, cunha cor verde tinguida de rosa, laranxa ou vermello nos bordos. Ramificacións libres, que se quebran en pequenas seccións a medida que a planta medra. Non soporta baixas temperaturas, sobrevivindo en zonas frías grazas a gromos somerxidos.

Cultivo

A especie ten sido cultivada en moitas rexións do Vello Mundo, pola súa capacidade de fixación do nitróxeno atmosférico. Considérase útil para cultivos en auga, como o do arroz. Así e todo, Azolla filiculoides ten causado e causa graves problemas á flora e fauna autóctonas de ecosistemas lacustres do oeste de Europa.[9] sur de África, Asia tropical, Australia e Nova Zelandia.

En Galicia

Está presente no río Miño entre Rábade e o encoro de Belesar, en Ribadavia e en Padrón.[10] Mencionouse tamén en Culleredo, onde causou problemas á poboación local de sapo corriqueiro (''Bufo calamita'').[11] En Vigo e en Sanxenxo foi citada a A. carolinensis, moi similar á primeira.[10] No río Lagares e nas Gándaras de Budiño (Ribeiras do Louro) existe Azolla sp., quizais A. filiculoides; alí a especie colonizou e ocupou rapidamente as masas de auga, tapizando toda a superficie. Na lagoa da Bodeira (O Grove) A. filiculoides foi mencionada por primeira vez no verán de 2012, procedéndose a unha primeira retirada parcial, sen éxito.

Remove ads

Control en Galicia

A retirada manual é imprescindible, se ben é complicada e custosa, e non garante a erradicación do fento.[9][10] Débese realizar combinada con outros métodos, especialmente co control biolóxico a través do gurgullo Stenopelmus rufinasus. Esta é unha especie americana de coleóptero, cuxa larva é monófaga e se alimenta de Azolla spp.[10] Está xa citado na Península Ibérica, en concreto nos ríos Guadiana e Ter.[12][13] É moi probable que este gurgullo non teña influencia noutros coleópteros autóctonos nin en plantas do mesmo contorno. A terceira vía sería o uso de herbicidas, contendo glifosato ou diquat,[9] se ben este método é efectivo só en canais e pequenas masas de auga, e pode prexudicar a outras plantas existentes.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads