Basilio Losada
filólogo, tradutor, catedrático e académico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930 e finado en Barcelona o 9 de xullo de 2022,[1][2] foi un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.
Remove ads
Traxectoria
Primeiros anos e formación.
Saíu de Galiza cando tiña 5 anos e pasou a vivir en Madrid, León e, a partir de 1939, Barcelona,[3] onde chegou coa súa familia para visitar a seu pai que estaba, alí, hospitalizado. Malia que seu pai era anarquista, tivo que loitar durante a Guerra civil no bando nacional, foi ferido na cabeza e morreu en 1940.[4] Dende ese momento, o resto da familia, e el, permaneceron en Barcelona e alí, Losada, desenvolveu a práctica totalidade da súa carreira profesional.
En Barcelona estudou Dereito e Filosofía e Letras e fixo o doutoramento en Historia.[3]
Carreira profesional
Fixo traducións ao castelán e ao galego, e foi autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas,[5] de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro, Rubem Fonseca ou Pere Gimferrer. Foi o introdutor da literatura brasileria e especialmente de Jorge Amado en España.[4]
Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que foi un grande experto.
Remove ads
Recoñecementos
En 1991 recibiu o Premio Nacional de Tradución por Memorial do convento, de Saramago.[4] Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña;[6] a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués;[6] a Ordem do Cruzeiro do Sul, do Brasil; e a Medalla Castelao (1989) e a Medalla de Galicia (2016) da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.[7]
En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega[8]. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País.[9] No 2018, recibiu o Premio Eduardo Lourenço do Centro de Estudios Ibéricos.[10][4]
Remove ads
Obra en galego
- Ensaio
- O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
- Narrativa
- Ero de Armenteira, 1993, Contos do Castromil.
- Edicións
- Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.[11]
- Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
- Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.[12]
- Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
- Traducións (escolma)
- Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego.
- Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara.[6]
- O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara.
- Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara.[6]
- O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara.
- Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara.[6]
- Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.[6]
- Obras colectivas
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
- Galicia: nai e señora, 2002, Nigra.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
- Homenaxes
- Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.
Obra en castelán
- Narrativa
- La peregrina, 1999, Grijalbo.
- Ensaio
- Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
- Obras colectivas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads