Bloque Nacional Popular Galego

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bloque Nacional Popular Galego
Remove ads

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización e coalición electoral constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Opúxose ao proceso autonómico e tiña como obxectivos a obtención da soberanía para Galiza.[1]

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...
Thumb
Adhesivo das eleccións de 1977.
Remove ads

Historia

Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo como programa as Bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego redactadas en 1976 polo Consello de Forzas Políticas Galegas como alternativa nacionalista ao proceso autonómico. O BNPG obtivo 23 167 votos, un 2% do total, non conseguindo representación Congreso. Nas eleccións xerais de 1979 acadou os 63 747 votos, un 5,87% do total. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentou candidaturas en 164 concellos, obtendo 70 355 votos (7,18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto en contra. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo, baixo as siglas BNPG-PSG, 61 870 votos (6,27%) e tres deputados no parlamento galego. Dous deles polo BNPG, Bautista Álvarez Domínguez e Lois Diéguez Vázquez, e un terceiro polo PSG, Claudio López Garrido. Porén, estes serán expulsados ao se negar a xurar a Constitución Española e o Estatuto de autonomía.[2] Neste contexto, comezou a haber conflitos internos que learon á realización dunha asemblea en setembro de 1982 que transformou ó BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG). A primeira convocatoria electoral á que concorreron foron as eleccións xerais do seguinte mes de outubro, nas que obtivo un moi mal resultado con 38 615 votos (2,98%).

Remove ads

Resultados electorais

Máis información Elección, Ano ...

Os resultados electorais do bloque variaron ao longo dos anos. Nas primeiras eleccións o resultado foi peor do previsto, pero o mal resultado non provocou ningunha crise interna no bloque, xa que estaba máis centrado na protesta na rúa e nas loitas obreiras e campesiñas que na política electoral. En 1979 houbo eleccións tanto locais como xerais, co BN-PG acadando mellores resultados, e estabilizándose nun 6-7% dos votos ata as xerais de 1982, nas que a fronte perdeu numerosos votos ante o PSOE de Felipe González.

Os bastións do partido eran vilas industriais ou zonas rurais con forte presenza do Sindicato Labrego Galego (SLG). Na provincia da Coruña o bloque tiña os seus mellores resultados na área metropolitana de Ferrol e na comarca de Eume, especialmente en Fene (11,95% dos votos nas eleccións xerais de 1979) e nas Pontes de García Rodríguez (13,64% nas mesmas eleccións). Na provincia de Lugo o BN-PG era máis forte na zona oriental, especialmente na serra dos Ancares, onde o SLG estivo moi activo. Os resultados foron especialmente elevados en Becerreá (18,01%), Castroverde (27,84%), Pedrafita do Cebreiro (37,15%), Ribeira de Piquín (15,93%), As Nogais (33,67%) e Navia de Suarna (19,92%). Na provincia de Ourense o BN-PG tivo as súas principais bases de apoio na comarca de Allariz - Maceda, especialmente nos concellos de Allariz (14,71%), Maceda (19,02%) e Baños de Molgas (12,8%) e Montederramo (14,94%). Na provincia de Pontevedra a comarca do Morrazo e toda a ría de Vigo foron o seu principal baluarte.

Nas eleccións municipais de 1979 o bloque obtivo 258 concelleiros e 9 alcaldes (sobre 313).[3][4] As localidades que tiveron alcalde de BN-PG no período 1979-1982 foron: Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Bueu, Fene, Láncara, Moaña, As Nogais, Ribeira de Piquín, Bóveda e Corcubión (1980-1982, foi elixido alcalde nas listas do Partido del Trabajo de España (PTE), mais trala desaparición deste partido en 1980 a asemblea local do PTE incorporouse ao BN-PG).

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads