Cidade dormitorio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cidade dormitorio
Remove ads

Unha cidade dormitorio é unha zona poboada de uso principalmente residencial e non comercial ou industrial. As cidades dormitorio poden ser cidades, vilas ou distritos, que se atopan a certa distancia dunha cidade principal ou imán, que si posúe servizos e onde habitualmente se atopa o lugar de traballo ou ocio dos habitantes da cidade dormitorio. As viaxes realizadas entre os domicilios situados na cidade dormitorio e os demais espazos denomínanse desprazamentos.

Thumb
Rúa Viorneira no núcleo do Milladoiro, en Ames, considerado por algúns autores coma cidade-dormitorio de Santiago de Compostela.

As cidades dormitorio son xeralmente parte da área metropolitana dunha cidade. A diferenza entre unha cidade dormitorio e un suburbio non sempre está clara. En xeral, considérase que un suburbio se desenvolve en áreas adxacentes aos principais centros de emprego, mentres que unha cidade dormitorio crece orixinalmente nunha zona rural ou semi-rural. Esta distinción pérdese cando o crecemento urbano une as dúas comunidades.

Remove ads

Cidades dormitorio en Galicia

Thumb
A urbanización na parroquia do Burgo, en Culleredo, funciona como cidade-dormitorio da Coruña, segundo a opinión dalgúns urbanistas.[quen?]

O concepto de cidade dormitorio en Galicia é difuso e pouco claro, e aplica máis ben a barrios ou urbanizacións dentro dun concello que aos propios concellos en si. Ademais, Galicia non conta con metrópoles o suficientemente grandes para precisar de cidades dormitorio. Tamén infúe a distribución morfolóxica da poboación galega, mais estendida en distribucións rururbanas, máis que establecida en cidades dormitorio como tal. De feito, a distribución de moitos concellos segue o mesmo patrón da cidade dormitorio, de xeito que existe un centro histórico con grande actividade comercial e de servizos, onde se atopan colexios, bibliotecas, centros de saúde e lugares de lecer, e unha periferia rural consistente en casas e hortas distribuída nas parroquias circundantes.

Ademais, o proceso de expansión das cidades galegas non seguiu un proceso de crecemento e proliferación planificado, senón que co medre das cidades comezaron a proliferar urbanizacións e construcións residenciais de carácter ilegal ou non planificado en áreas de influencia das cidades.[1]

Algúns exemplos de cidades dormitorio serían:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads