Copa da UEFA 2006-07

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Copa da UEFA 2006-07 foi unha competición futbolística de clubs disputada entre xullo de 2006 e maio de 2007, coa participación total de 155 equipos distintos, representantes de 52 federacións nacionais afiliadas á UEFA

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

Para clasificarse definitivamente á fase final da competición disputáronse dúas roldas clasificatorias, que comezaron o 13 de xullo de 2006, onde 32 equipos de entre un total de 99 uníronse aos outros 48 clasificados directamente para a fase final. A fase final da competición iniciouse en setembro de 2006, con 80 equipos competindo polo trofeo que anteriormente tiña no seu poder o Sevilla FC, trala súa vitoria no 2006. Esta fase final consta dunha primeira rolda xogada os días 14 e 28 de setembro, e despois unha fase de grupos de cinco equipos cada un, onde se xogaron unicamente catro partidos, cada equipo recibiu na súa casa a outros dous contrincantes, e fixo dúas visitas. Estes catro partidos foron entre os días 19 de outubro e 14 de decembro.

O día 14 de febreiro e 22 de febreiro en eliminatorias directas con dúas voltas comezaron os dezaseisavos de final, e con este sistema de competición chegouse á semifinal, os días 26 de abril e 3 de maio. A final, a partido único, tivo lugar en maio de 2007 no Estadio Hampden Park, en Glasgow, Escocia, que acolleu a súa primeira final de Copa UEFA, aínda que anteriormente acollera ata un total de tres finais da Champions League.

Remove ads

Roldas preliminares

Setenta equipos deron comezo á Copa UEFA 2006-07, o partido de ida foi o 13 de xullo, e o de volta o 27 de xullo. O sorteo subdivide en cabezas de serie ou non, e en tres grupos xeográficos a estes equipos, que pertencen ás federacións con menor coeficiente UEFA, en concreto do posto 18 de Polonia ao 52 San Marino. Tres equipos clasifícaronse polo coeficiente de xogo limpo que establece a UEFA, neste torneo foron o KSV Roeselare de Bélxica, SK Brann Bergen da Noruega e Gefle IF da Suecia.

Dous equipos participantes estiveron clasificados hai ben pouco tempo á fase final da Champions League, estes son o suízo FC Basel na edición de 2002-03 e o eslovaco FC Artmedia na edición de 2005-06. O IFK Göteborg da Suecia xa gañara a Copa UEFA nas finais a dobre partido disputadas nas edicións de 1981-82 e 1986-87. O Újpest FC da Hungría foi finalista da edición da Copa de Feiras (predecesora da actual Copa UEFA) de 1968-69 onde perdeu a dobre partido co Newcastle United da Inglaterra por 3 x 0 e 2 x 3. O Videoton FC Fehérvár de Hungría tamén disputou unha final a dobre partido na edición de 1984-85 perdendo ante o Real Madrid por 0 a 3 no seu estadio e vencendo no Estadio Santiago Bernabeu por 0 a 1.

Primeira rolda preliminar

Os partidos de ida tiveron lugar o 13 de xullo de 2006, e os de volta o 27 de xullo de 2006.

Máis información Equipo local ida, Resultado ...

O equipo Derry City FC é de Derry na Irlanda do Norte, mais xoga por Irlanda, e protagoniza a sorpresa da primeira rolda eliminando ao IFK Göteborg.

Segunda rolda preliminar

Os trinta e cinco clasificados da primeira rolda preliminar, máis os once equipos clasificados dende a Copa Intertoto da Uefa, máis dezaoito equipos procedentes das asociacións nacionais da UEFA situadas en postos inferiores ao oitavo lugar que ocupa Grecia, conforman a segunda rolda preliminar na que xogaron sesenta e catro equipos os seus partidos a dobre volta entre os días 8 de agosto e o 24 de agosto. O sorteo realizouse con criterios xeográficos e clubs cabeza de serie e non cabezas de serie.

Entre estes equipos destaca a presenza do Olympique de Marsella clasificado dende a Copa Intertoto, e gañador da edición da Copa de Europa do ano 1992-93. O Newcastle United FC venceu na final da Copa de Feiras na edición de 1968-69. O Club Brugge KV é o único equipo belga que acadou a final da Copa de Europa na súa edición de 1977-78 caendo derrotado por 1 a 0 en Wembley ante o Liverpol FC. O Partizan Belgrado foi finalista na edición da Copa de Europa do ano 1965-66 caendo derrotado polo Real Madrid por 1 a 2. E por último o FC Twente foi finalista da edición de Copa UEFA 1974-75 aínda que non a gañou.

Entre estes equipos tamén hai que se clasificou ao menos unha vez á fase final de grupos da Champions League nas derradeiras edición, como por exemplo o Club Brugge KV na edición de Champions League 2005-06, o Olympique de Marseille e o Partizan Belgrado na edición de Champions League 2003-04 e o Newcastle United FC e o AJ Auxerre na edición de Champions League 2002-03.

Máis información Equipo 1, Marcador total ...

1 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Hapoel Tel-Aviv FC foi xogado na cidade de Tilburg nos Países Baixos. 2 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Bnei Yehoudah Tel-Aviv FC foi xogado na cidade eslovaca de Senec. 3 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Beitar Xerusalén foi xogado na cidade búlgara de Sofía.

Remove ads

Fase final

Primeira Rolda

A primeira rolda da fase final da Copa UEFA 2006-07 disputouse os días 14 e 28 de setembro, e tomaron parte 80 equipos clasificados, 32 das fase preliminar, 16 perdedores da fase previa da Champions League 2006-07 e 32 clasificados directamente das federacións nacionais principais da UEFA.

Precisamente entre estes clasificados directamente ou eliminados en fase preliminar da edición da Champions League están clubs con moito prestixio en competicións europeas, así o Ajax Amsterdam venceu na máxima competición europea de fútbol en catro ocasións 1971, 1972, 1973 e 1995, o Feyenoord Rotterdam venceu no 1970, o Estrela Vermella Belgrado no 1991; ou na Recopa de Europa de fútbol o Tottenham Hotspur venceu en 1963, o West Ham United en 1965, o Paris Saint-Germain en 1996, o Parma AC en 1993, o Ajax Amsterdam en 1987, o Glasgow Rangers en 1972; na Copa de Feiras o Dinamo Zagreb no 1967 ou na Copa UEFA foi campión xa dúas veces o Tottenham Hotspur en 1972 e 1984, tamén dúas veces o AC Parma en 1995 e 1999, o Bayer 04 Leverkusen vence no 1988, o Eintracht Frankfurt no 1980, o FC Schalke 04 vence no 1997, o Ajax Amsterdam no 1992, en dúas ocasións o Feyenoord Rotterdam no 1974, e no 2002, o Sevilla FC recente campión da edición de 2006.

Foron finalistas na máxima competición europea de fútbol o Bayer 04 Leverkusen no 2002, o Eintracht Frankfurt no 1960, o Panathinaikos no 1971, o Ajax Amsterdam no 1969 e 1996; na Recopa de Europa de fútbol o FK Austria Viena en 1978, o Standard de Liège en 1982, o West Ham United en 1976, o Paris Saint-Germain en 1997, o Ajax Amsterdam no 1988, o Glasgow Rangers no 1961 e 1967; na Copa de Feiras o Dinamo Zagreb no 1963 ou na Copa UEFA o Red Bull Salzburgo en 1994, o Tottenham Hotspur en 1974, o AZ Alkmaar no 1981, o Estrela Vermella Belgrado no 1979, o Espanyol Barcelona no 1988.

Participaron na fase de grupos nalgunhas das cinco últimas edicións da Champions League, o Sparta Praga, o RC Lens, o Paris Saint-Germain, o Bayer 04 Leverkusen, FC Schalke 04, Panathinaikos, Ajax Amsterdam, o Feyenoord Rotterdam, o Maccabi Haïfa, o Lokomotiv Moscova, o Glasgow Rangers, o Fenerbahçe e o Besiktas.

Nesta edición o Celta de Vigo protagonizou a súa oitava participación en competicións europeas de fútbol, despois da anterior na Champions League 2004-05, as cinco seguidas da Copa UEFA dende 1998-99 a 2002-03 e a primeira participación dun equipo de fútbol galego en competicións europeas de fútbol, na Copa UEFA 1971-72. O Celta de Vigo xogou ata o momento na Copa UEFA 40 partidos, dos que gañou 19, empatou 8, perdeu 13, meteu 70 goles e recibiu 38.

Máis información Equipo 1, Marcador total ...

1Debido ao conflito armado en Israel a Uefa decidiu que o partido que se ía xogar no campo de Maccabi Haifal, tería lugar en Nimega, nos Países Baixos.

Fase de Grupos

Grupo A

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006AS Livorno CalcioGlasgow Rangers2 - 3Armando Picchi, Livorno
19 de outubro de 2006Maccabi HaïfaAJ Auxerre3 - 1Bloomfield Stadium, Tel-Aviv
2 de novembro de 2006Glasgow RangersMaccabi Haïfa2 - 0Ibrox Stadium, Glasgow
2 de novembro de 2006Partizan BelgradoAS Livorno Calcio1 - 1FK Partizan, Belgrado
23 de novembro de 2006AJ AuxerreGlasgow Rangers2 - 2Abbé-Deschamps, Auxerre
23 de novembro de 2006Maccabi HaïfaPartizan Belgrado1 - 0Bloomfield Stadium, Tel-Aviv
29 de novembro de 2006Partizan BelgradoAJ Auxerre1 - 4FK Partizan, Belgrado
29 de novembro de 2006AS Livorno CalcioMaccabi Haïfa1 - 1Armando Picchi, Livorno
14 de decembro de 2006AJ AuxerreAS Livorno Calcio0 - 1Abbé-Deschamps, Auxerre
14 de decembro de 2006Glasgow RangersPartizan Belgrado1 - 0Ibrox Stadium, Glasgow

Grupo B

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006BeşiktaşTottenham Hotspur0 - 2Inönü, [[I

stambul]]

19 de outubro de 2006Club Brugge KVBayer 04 Leverkusen1 - 1Jan Breydel, Bruxas
2 de novembro de 2006Tottenham HotspurClub Brugge KV3 - 1White Hart Lane, Londres
2 de novembro de 2006Dinamo BucarestBeşiktaş2 - 1Dinamo, Bucarest
23 de novembro de 2006Bayer 04 LeverkusenTottenham Hotspur0 - 1BayArena, Leverkusen
23 de novembro de 2006Club Brugge KVDinamo Bucarest1 - 1Jan Breydel, Bruxas
29 de novembro de 2006Dinamo BucarestBayer 04 Leverkusen2 - 1Dinamo, Bucarest
29 de novembro de 2006BeşiktaşClub Brugge KV2 - 1Inönü, Istambul
14 de decembro de 2006Bayer 04 LeverkusenBeşiktaş2 - 1BayArena, Leverkusen
14 de decembro de 2006Tottenham HotspurDinamo Bucarest3 - 1White Hart Lane, Londres

Grupo C

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006AZ AlkmaarSporting de Braga3 - 0DSB Stadium, Alkmaar
19 de outubro de 2006FC Slovan LiberecSevilla FC0 - 0U Nisy, Liberec
2 de novembro de 2006Sporting de BragaFC Slovan Liberec4 - 0Municipal, Braga
2 de novembro de 2006Grasshopper-Club ZurichAZ Alkmaar2 - 5Hardturm, Zürich
23 de novembro de 2006Sevilla FCSporting de Braga2 - 0Ramón Sánchez-Pizjuán, Sevilla
23 de novembro de 2006FC Slovan LiberecGrasshopper-Club Zurich4 - 1U Nisy, Liberec
29 de novembro de 2006Grasshopper-Club ZurichSevilla FC0 - 4Hardturm, Zürich
29 de novembro de 2006AZ AlkmaarFC Slovan Liberec2 - 2DSB Stadium, Alkmaar
14 de decembro de 2006Sevilla FCAZ Alkmaar1 - 2Ramón Sánchez-Pizjuán, Sevilla
14 de decembro de 2006Sporting de BragaGrasshopper-Club Zurich2 - 0Municipal, Braga

Grupo D

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006CA OsasunaSC Heerenveen0 - 0Estadio Reyno de Navarra, Pamplona
19 de outubro de 2006OB OdenseAC Parma1 - 2Fionia Park, Odense
2 de novembro de 2006SC HeerenveenOB Odense0 - 2Abe Lestra, Heerenveen
2 de novembro de 2006RC LensCA Osasuna3 - 1Stade Félix-Bollaert, Lens
23 de novembro de 2006AC ParmaSC Heerenveen2 - 1Estadio Ennio Tardini, Parma
23 de novembro de 2006OB OdenseRC Lens1 - 1Fionia Park, Odense
29 de novembro de 2006RC LensAC Parma1 - 2Stade Félix-Bollaert, Lens
29 de novembro de 2006CA OsasunaOB Odense3 - 1Estadio Reyno de Navarra, Pamplona
14 de decembro de 2006AC ParmaCA Osasuna0 - 3Estadio Ennio Tardini, Parma
14 de decembro de 2006SC HeerenveenRC Lens/ - /Abe Lestra, Heerenveen

Grupo E

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006Wisla CracoviaBlackburn Rovers1 - 2Wisly, Cracovia
19 de outubro de 2006FC BasileaFeyenoord Rotterdam1 - 1St.Jakob-Park, Basilea
2 de novembro de 2006Blackburn RoversFC Basilea3 - 0Ewood Park, Blackburn
2 de novembro de 2006AS Nancy-LorraineWisla Cracovia2 - 1Stade Marcel Picot, Nancy
23 de novembro de 2006Feyenoord RotterdamBlackburn Rovers0 - 0De Kuip, Rotterdam
23 de novembro de 2006FC BasileaAS Nancy-Lorraine2 - 2St.Jakob-Park, Basilea
30 de novembro de 2006AS Nancy-LorraineFeyenoord Rotterdam3 - 0Stade Marcel Picot, Nancy
30 de novembro de 2006Wisla CracoviaFC Basilea3 - 1Wisly, Cracovia
13 de decembro de 2006Feyenoord RotterdamWisla Cracovia3 - 1De Kuip, Rotterdam
13 de decembro de 2006Blackburn RoversAS Nancy-Lorraine1 - 0Ewood Park, Blackburn

Grupo F

Máis información Equipo, Pts ...
Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006FK Austria VienaSV Zulte-Waregem1 - 4Ernst Happel, Viena
19 de outubro de 2006Sparta PragaRCD Espanyol0 - 2Sparta Stadium, Praga
2 de novembro de 2006SV Zulte-WaregemSparta Praga3 - 1Estadio Jules Otten, Gante
2 de novembro de 2006Ajax AmsterdamFK Austria Viena3 - 0Amsterdam Arena, Ámsterdam
23 de novembro de 2006RCD EspanyolSV Zulte-Waregem6 - 2Estadi Olímpic Lluís Companys, Barcelona
23 de novembro de 2006Sparta PragaAjax Amsterdam0 - 0Sparta Stadium, Praga
30 de novembro de 2006Ajax AmsterdamRCD Espanyol0 - 2Amsterdam Arena, Ámsterdam
30 de novembro de 2006FK Austria VienaSparta Praga0 - 1Ernst Happel, Viena
13 de decembro de 2006RCD EspanyolFK Austria Viena1 - 0Estadi Olímpic Lluís Companys, Barcelona
13 de decembro de 2006SV Zulte-WaregemAjax Amsterdam0 - 3Estadio Jules Otten, Gante

Grupo G

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006PanathinaïkosHapoël Tel-Aviv2 - 0Estadio Olímpico Louis Spyros, Atenas
19 de outubro de 2006Rapid BucarestParis Saint-Germain0 - 0Giulesti, Bucarest
2 de novembro de 2006Hapoël Tel-AvivRapid Bucarest2 - 2Bloomfield, Tel-Aviv
2 de novembro de 2006FK Mlada BoleslavPanathinaïkos0 - 1Mestský, Mlada Boleslav
23 de novembro de 2006Paris Saint-GermainHapoël Tel-Aviv2 - 4Parc des Princes, París
23 de novembro de 2006Rapid BucarestFK Mlada Boleslav1 - 1Giulesti, Bucarest
30 de novembro de 2006FK Mlada BoleslavParis Saint-Germain0 - 0Mestský, Mlada Boleslav
30 de novembro de 2006PanathinaïkosRapid Bucarest0 - 0Estadio Olímpico Louis Spyros, Atenas
13 de decembro de 2006Paris Saint-GermainPanathinaïkos4 - 0Parc des Princes, París
13 de decembro de 2006Hapoël Tel-AvivFK Mlada Boleslav1 - 1Bloomfield, Tel-Aviv

Grupo H

Máis información Equipo, Pts ...


Data Local Visitante Resultado Estadio
19 de outubro de 2006Eintracht FrankfurtUS Palermo1 - 2Commerzbank Arena, Frankfurt
19 de outubro de 2006Newcastle UnitedFenerbahçe1 - 0St. James' Park, Newcastle
2 de novembro de 2006US PalermoNewcastle United0 - 1Estadio Renzo Barbera, Palermo
2 de novembro de 2006Celta de VigoEintracht Frankfurt1 - 1Estadio de Balaídos, Vigo
23 de novembro de 2006FenerbahçeUS Palermo3 - 0Sükrü Saraçoglu, Istambul
23 de novembro de 2006Newcastle UnitedCelta de Vigo2 - 1St. James' Park, Newcastle
30 de novembro de 2006Celta de VigoFenerbahçe1 - 0Estadio de Balaídos, Vigo
30 de novembro de 2006Eintracht FrankfurtNewcastle United0 - 0Commerzbank Arena, Frankfurt
13 de decembro de 2006FenerbahçeEintracht Frankfurt2 - 2Sükrü Saraçoglu, Istambul
13 de decembro de 2006US PalermoCelta de Vigo1 - 1Estadio Renzo Barbera, Palermo

Dezaseisavos de final

Os equipos clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar de cada grupo da fase anterior, xogan xunto aos clasificados na terceira praza dos grupos da Liga de Campións 2006-07 os dezaseisavos de final. O sorteo, parcialmente dirixido, emparella aos primeiros contra os terceiros da fase de grupo, os primeiros xogan o partido de volta no seu estadio. Os segundos da fase anterior, xogan cos equipos que proveñen da Liga de Campións.

Máis información Equipo 1, Marcador total ...
  • Por decisión da competición foi eliminado o Feyenoord Rotterdam por disturbios dos seus afeccionados na rolda anterior, o Tottenham Hotspur pasa directamente á fase de oitavos de final.

Oitavos de final

O quince de decembro de 2006 tamén quedou realizado o sorteo para os oitavos de final, así os equipos que pasen a rolda anterior enfrontaranse nos emparellamentos seguintes:

Máis información Equipo 1, Marcador total ...

O Celta de Vigo xogou nesta edición da Copa UEFA un total de dez partidos, nos que venceu en catro ocasións, empatou en tres e perdeu outros tres, marcando 11 goles e recibindo tan só 9. O equipo galego chega así aos seus 50 partidos xogados nesta competición, dos que gañou 23, empatou 11, perdeu tan só 16, marcando 81 goles e recibindo tan só 47.

Cuartos de final

O venres dezaseis de marzo de 2007 realizouse en Glasgow o sorteo para os cuartos de final, e tamén semifinais, con estes emparellamentos:

Máis información Equipo 1, Marcador total ...

Semifinais

Máis información Equipo 1, Marcador total ...

FINAL

Máis información Equipo 1, Resultado ...

Tanto o RCD Espanyol como o Sevilla FC acudiron por segunda vez na historia da Copa UEFA á final, sendo a segunda consecutiva do Sevilla FC. Tralo empate a dous goles ao final da prórroga o Sevilla gañou na quenda de penaltis cun marcador de 3 a 1.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads