UEFA

From Wikipedia, the free encyclopedia

UEFAmap
Remove ads

A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Actividade ...

Das confederacións, de longo é a máis forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.

A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.

Remove ads

Federacións nacionais asociadas

53 asociacións nacionais de fútbol pertencen á UEFA, representando a todos os estados independentes dentro do continente europeo, fóra de Mónaco e Cidade do Vaticano, máis tres estados do Cáucaso (Armenia, Azerbaidján e Xeorxia), Israel, Kazakhstán, Chipre e Turquía. É importante mencionar que os catro países constituíntes do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) participan de forma separada (esta excepcionalidade só se dá en fútbol e rugby), e que o arquipélago autónomo de Illas Feroe compite de xeito independente a Dinamarca.

Máis información País, Federación ...
  1. A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol de Checoslovaquia.
  2. A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol da Unión Soviética.
  3. A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol de Iugoslavia e da Federación de Fútbol de Serbia e Montenegro.
Remove ads

Presidentes

Competicións organizadas pola UEFA

Torneos de seleccións

Torneos masculinos

  • Clasificación de UEFA para a Copa Mundial de Fútbol
  • Eurocopa: torneo iniciado en 1958, coas primeiras finais en 1960, e coñecido como a Copa Europea de Nacións ata 1964, é o principal torneo para equipos masculinos nacionais. A UEFA tamén organiza as edicións deste mesmo torneo en categoría Sub-21, Sub-19 e Sub-17.
  • Meridian Cup coa CAF para equipos novos de Europa e África.
  • Copa das Rexións da UEFA, para seleccións de xogadores non profesionais.
  • Copa da UEFA Amateur, disputada entre 1967 e 1978 para as seleccións de afeccionados.
  • Campionato Futsal UEFA: campionato europeo de seleccións de fútbol sala.

Torneos femininos

  • Eurocopa Feminina
  • Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA
  • Campionato Europeo Feminino Sub-17 da UEFA

Torneos de clubs

Outros torneos

Remove ads

Clasificación mundial da FIFA (Top 5)

Clasificación masculina

A Clasificación mundial da FIFA do 9 de marzo do 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos:

Máis información Posto FIFA, País ...

Clasificación feminina

A Clasificación mundial da FIFA do 18 de marzo de 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos:

Máis información Posto FIFA, País ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads