Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Harry Potter e o preso de Azkaban (en inglés: Harry Potter and the Prisoner of Azkaban) é un filme de fantasía[1] dirixido por Alfonso Cuarón e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o terceiro filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por Chris Columbus, David Heyman e Mark Radcliffe. A historia céntrase no terceiro ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que un prisioneiro chamado Sirius Black escapa do cárcere máxico de Azkaban co obxectivo de matar a Harry. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Gary Oldman, David Thewlis, Timothy Spall e Emma Thompson.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido o 31 de maio de 2004 e nos Estados Unidos o 4 de xuño de 2004 e foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX. Tamén foi a última en poñerse á venda en formato VHS. Recibiu dúas candidaturas aos Premios Oscar: Oscar á mellor banda sonora e Oscar ós mellores efectos visuais, que finalmente gañaron Finding Neverland e Spider-Man 2, respectivamente. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidenses.
Estreouse en galego na TVG o 27 de maio de 2008.[2]
Malia que o preso de Azkaban foi o filme da saga con mellor acollida pola crítica cunha recadación nas salas internacionais dun total de 795,6 millóns de dólares,[1] é a que fixo menor caixa de todas as longametraxes.
Remove ads
Sinopse
- Véxase tamén: Harry Potter e o preso de Azkaban.
O comezo do terceiro curso de Harry Potter en Hogwarts coincide coa fuxida dun preso chamado Sirius Black do cárcere máxico de Azkaban; o convicto semella estar disposto a matar a Harry. Mentres tanto, Remus Lupin únese ao persoal docente da escola máxica como novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e o Ministerio de Maxia confía aos Dementores de Azkaban a protección de Hogwarts fronte a Black. Harry descobre máis acerca do seu pasado e a súa conexión co prisioneiro escapado.
Remove ads
Elenco
- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Alan Rickman como Severus Snape.
As novas adicións ao elenco inclúen os seguintes actores:
- Michael Gambon asume o papel de Albus Dumbledore, o director de Hogwarts, despois do falecemento de Richard Harris, que fixera de Dumbledore nos dous filmes previos, o 25 de outubro de 2002.[3]
- Gary Oldman como Sirius Black, un preso escapado do cárcere máxico de Azkaban e padriño de Harry.
- David Thewlis como Remus Lupin, o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts.
- Timothy Spall como Peter Pettigrew, amigo dos pais de Harry e que se cría que fora asasinado por Sirius Black.
- Emma Thompson como Sybill Trelawney, a inepta profesora de Adiviñación de Hogwarts.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Remove ads
Produción
A fotografía principal comezou o 24 de febreiro de 2003,[4] en Leavesden Film Studios e finalizou en outubro de 2003.[5]
Algúns dos decorados para o filme situáronse en Glen Coe, Escocia, preto de Clachaig Inn. Os platós interiores, como os dos filmes anteriores, atópanse principalmente en Leavesden Film Studios. O lago de Hogwarts foi gravado no lago Shiel nas Terras Altas Escocesas. A ponte que cruza o Expreso de Hogwarts e que tamén aparece en n’a Cámara dos Segredos atópase no lado oposto ao lago Shiel e usouse durante a secuencia dos Dementores abordando o tren. Tamén hai breves escenas do filme rodadas en Palmers Green ao norte de Londres e nos arredores de Borough Market e Lambeth Bridge, tamén en Londres.
Rowling permitiu a Cuarón facer pequenos cambios con respecto ao libro, baixo a condición de que se cinguise ao espírito da novela.[6] Deixou que incluíse un reloxo de sol nos xardíns de Hogwarts, pero rexeitou a idea de incluír un cemiterio, que xogaría un papel importante no sexto libro, daquela aínda sen publicar.[6]
Banda sonora
A banda sonora de Harry Potter e o preso de Azkaban lanzouse ao mercado o 25 de maio de 2004. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película e aos Premios World Soundtrack na categoría de mellor banda sonora.
O álbum foi ben recibido pola crítica cinematográfica musical. Archie Watt de MovieCues concedeu unha valoración de cinco estrelas á banda sonora e púxoa na lista das mellores do ano.
- Lista de pistas
- "Lumos! (Hedwig's Theme)" - 1:38
- "Aunt Marge's Waltz" - 2:15
- "The Knight Bus" - 2:52
- "Apparition on the Train" - 2:15
- "Double Trouble" - 1:37
- "Buckbeak's Flight" - 2:08
- "A Window to the Past" - 3:54
- "The Whomping Willow and the Snowball Fight" - 2:22
- "Secrets of the Castle" - 2:32
- "The Portrait Gallery" - 2:05
- "Hagrid the Professor" - 1:59
- "Monster Books and Boggarts!" - 2:26
- "Quidditch, Third Year" - 3:47
- "Lupin's Transformation and Chasing Scabbers" - 3:01
- "The Patronus Light" - 1:12
- "The Werewolf Scene" - 4:25
- "Saving Buckbeak" - 6:39
- "Forward to Time Past" - 2:33
- "The Dementors Converge" - 3:12
- "Finale" - 3:24
- "Mischief Managed!" - 12:10
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads