Faneca prateada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A faneca prateada,[5][6][7] Gadiculus argenteus Guichenot, 1850, tamén coñecida ás veces como corbelo prateado,[7] é un peixe osteíctio gadiforme da familia dos gádidos, único representante do xénero Gadiculus.[8]
Remove ads
Características
É un peixe pequeno, duns 11 cm de lonxitude (máximo, 15 cm), de corpo moderadamente alongado, cuberto de escamas grandes, delgadas e facilmente caducas, de coloración rosa prateada no dorso e nos flancos, e prateada na rexión ventral e a ambos os lados da cabeza; as aletas son case transparentes e de cor cincenta. Na cabeza presenta o maxilar inferior proxectado lixeiramente respecto do superior, a boca oblicua, con dentes moi pequenos dispostos nunha banda estreita en ambos os maxilares e, ás veces, no vómer; carece de barbelas; os ollos son grandes, cun diámetro superior á lonxitude do fociño. As aletas peitorais son pequenas e arredondadas; e as pelvianas aínda máis curtas. A liña lateral e descontinua, e vai desde a segunda metade da base da terceira aleta dorsal até a parte superior da cabeza, onde remata en tres cavidades mucosas .[6][9][10][11]
Remove ads
Distribución e hábitat
É un peixe de augas mariñas, peláxico e non migratorio, que habita no Atlántico nororiental, desde Islandia e Noruega até Marrocos e as costas do Sáhara Occidental, e no Mediterráneo occidental, até Italia e Tunisia,[9] nadando en cardumes entre os 100 e os 1.000 m de profundidade sobre fondos *fangosos, de grava ou rochosos.[6][10][11]
Subespecies
Distínguense dúas subespecies:[11]
- Gadiculus argenteus argenteus, desde o norte até o golfo de Biscaia, e
- G. a. thori, na parte meridional da súa área de distribución.
Bioloxía
Aliméntase de pequenos crustáceos e quizais tamén de anélidos poliquetos.[6]
A súa esperanza de vida ao nacer é de 3 anos.[9]
A reprodución ocorre, no Mediterráneo occidental e a ambos os lados do estreito de Xibraltar, en inverno.[9][10] Nas costas galegas, de xaneiro a febreiro.[6]
Pesca
Péscase e comercialízase, pero ten pouca importancia comercial; ás veces péscase para usalo como carnada.[9] Porén, o seu agradábel sabor fai que alcance elevados prezos nalgúns mercados.[12]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads