Google Chrome

navegador web desenvolvido por Google From Wikipedia, the free encyclopedia

Google Chrome
Remove ads

Google Chrome é un navegador web de balde[1][2] desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink.[3] A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Produción ...

En agosto de 2015 StatCounter estimaba que Google Chrome tiña unha cota de mercado do 56% entre os navegadores de ordenadores de escritorio,[4] e combinando todas as plataformas contaba co 45%.

Remove ads

Historia

Canles de distribución

Actualmente, Google Chrome ten varias canles de distribución para descargar e probar todas as súas compilacións. As canles comúns denominadas «Stable», «Beta» e «Dev» están accesibles desde o sitio web do proxecto Chromium[5], sendo os dous últimos repositorios para versións de desenvolvemento. O 22 de xullo de 2010, Google anunciou un novo sistema de lanzamentos máis frecuente para ofrecer aos usuarios características novas canto antes, coa meta[6] de entregar versións estables cada 6 semanas[7]. Debido a isto, incorporouse un novo canal de distribución (chamado «Canary») capaz de proporcionar unha versión diaria para probas en conxunto con outras canles de desenvolvemento do navegador[8]; o nome do canal refírese á práctica de levar un canario ás minas de carbón para permitir aos traballadores a detección precoz de gases perigosos[9].

Chrome para Android e iOS

En febreiro de 2012, Google lanza 'Chrome para Android Beta'. Cuxa versión está dispoñible só para Android 4.0 'Ice Cream Sandwich' en teléfonos intelixentes e tabletas. Coa posibilidade de abrir múltiples lapelas, sincronización de marcadores e lapelas coa versión de escritorio, modo incógnito, e ver sitios de uso recentes[10]. A finais de xuño Chrome para Android convértese nunha versión estable.

En xuño de 2012, durante o Google I/O 2012, anunciouse que Chrome será usado como navegador por predeterminado en Android 4.1 'Jelly Bean' xunto co lanzamento da tableta Nexus 7[11]. Tamén se anuncia Chrome para iOS, o cal está dispoñible[12] en iPhone, iPod touch e iPad.

En xaneiro de 2013, as versións Beta[13] de Chrome tamén están dispoñibles en Android para teléfonos e tabletas. As cales son das versións máis descargadas.

En abril de 2013, Google anunciou o seu novo motor de renderizado baseado en WebKit para Chrome e Chromium, chamado Blink, que se empregará desde a versión 28. As razóns[14] soamente técnicas para o cambio desde WebKit, son optimizar o código base e orientar o seu desenvolvemento especificamente para contribuír á Web e optimizar Chrome. Opera, outro navegador web, tamén anuncia o uso de Blink[15] en futuras versións.

Historial de versións

Máis información Versión, Motor WebKit ...
Máis información Cor, Significado ...

En Develop Liverpool 2011, Paul Kinlan anunciou que nunha futura versión de Google Chrome (que sería lanzada no primeiro trimestre do 2012), este soportaría reconocemento de dispositivos plug-and-play[88] (enchufar e xogar) e cámaras web.

Versións non oficiais

  • O 15 de septembro de 2008, CodeWeavers lanzó unha versión[89] non oficial dun derivado de Wine e da versión en construción de Chromium, Developer Build 21, para Linux e Mac OS X denominada CrossOver Chromium[90].
  • Iron de SRWare, é unha versión[91] de Chromium que explicitamente desactiva a recolección e transmisión da información de uso a Google.
Remove ads

Características principais

Seguridade e estabilidade

Os obxectivos principais no deseño do navegador foron mellorar a seguridade, a velocidade e a estabilidade que ofrecían os navegadores existentes. Tamén se fixeron cambios importantes na interface de usuario. Chrome montouse en 26 diferentes bibliotecas de código de Google e outras de terceiros tales como Netscape.[92]

Características

  • RLZ identifier: unha cadea codificada enviada xunto con todas as consultas a Google[93] ou cada 24 horas.
  • Un identificador (ID) único («clientID») para identificar ao usuario nos rexistros de acceso. Aínda que parece que nas próximas versións eliminaránno.[94]
  • Unha marca de tempo de cando se instalou o navegador.
  • Páxinas de erro aloxadas nos servidores de Google cando non se atopa un servidor.

Listas negras

Chrome descarga periódicamente actualizacións de dúas listas negras (para sitios de suplantación de identidade e para aqueles que conteñan software malicioso) e alerta aos usuarios cando intentan visitar unha páxina de contido perigoso. Este servizo tamén está dispoñible para o seu uso por terceiros a través dunha API pública gratuíta chamada «API de navegación segura de Google». No proceso de manter estas listas negras, Google tamén notifica aos propietarios dos sitios listados que poden non ter coñecemento da presenza de programas nocivos.

Aislamiento de procesos (Sandboxing)

Thumb
Imaxe dunha lapela triste ao «colgarse» unha lapela do navegador, baixo Ubuntu.

O equipo de desenvolvemento encargado de Gears estaba a estudar a posibilidade dun navegador multiproceso (hai que destacar que un problema coas implementacións actuais para navegadores web é que son inherentemente dun único proceso) e Chrome aplicou este concepto cunha arquitectura de multiprocesamento similar á usada por Internet Explorer 8. A cada tarefa (por exemplo, lapelas, plugins) asignallese un proceso separado. Isto impide que as tarefas interfiran entre si, o que é bo para a seguridade e a estabilidade; cada lapela en Chrome se aísla (do inglés sandbox, textualmente caixa de arena) para «evitar a instalación de software malicioso» o «impedir que o que ocurre nunha lapela poida afectar ao que sucede en outra», nun modelo de asignación de procesos complexo.[95] Se por algún motivo unha mala programación dunha páxina web o un plugin determinado ocasionan un erro, só a lapela actual quedará danada deixando o resto intacto. Esta lapela fallada converterase nunha «lapela triste», concepto similar á pantalla de erro das versións anteriores do sistema operativo macOS, a sad Mac.

Seguindo o principio de mínimo privilegio, cada proceso quítase dos seus dereitos e, polo tanto, non pode escribir nin ler arquivos en zonas sensibles (por exemplo, documentos, escritorio). Este método é similar ao «modo protexido» empregado por Internet Explorer en Windows Vista. O equipo de desenvolvemento encargado de «Sandbox» asegura que «converteron as súas fronteiras nos procesos nunha prisión». Por exemplo, un software malicioso que se executa nunha lapela non pode robar números de tarxetas de crédito, interactuar co rato ou dicir ao sistema operativo que execute un programa no inicio do sistema e, ademais, este proceso desaparecerá cando a lapela estea pechada. Isto non é máis que a imposición dun simple modelo de seguridade informática segundo o cal hai dous niveis de seguridade multinivel: usuario e caixa de arena. A caixa de arena só pode responder ás solicitudes de comunicación iniciadas polo usuario.

Algúns plugins como o Adobe Flash Player non siguen algúns estándares de seguridade e por isto non poden ser aislados como as lapelas. Estes a miúdo necesitan ser executados ao mesmo ou superior nivel de seguridade do propio navegador. Para reducir a exposición a un ataque, os plugins funcionan en procesos separados que se comunican co motor de renderizado, que á súa vez funciona con «privilegios moi baixos» en procesos dedicados para cada lapela. Estes complementos terán que ser modificados para funcionar dentro desta arquitectura de software e así seguir así os principios de mínimos privilegios.

Ademais, Chrome ten unha utilidade administradora de procesos, chamada Administrador de tarefas que lle permitirá coñecer o estado do navegador na súa totalidade, ver individualmente as estadísticas de sitios web ou plugins (os cales tamén van en procesos separados) sobre uso da memoria do sistema, ancho de banda usado (velocidade medida en bytes/s) e consumo de tempo de CPU, ademais de dar a opción de poder rematar a execución de cada elemento individualmente.

Modo Incógnito


Chrome inclúe un modo de navegar de Incógnito[96] (similar á Navegación privada de Safari, Firefox u Opera; ou o modo InPrivate de Internet Explorer 8) que permite navegar por Internet con total privacidade, xa que non rexistra ningunha actividade e borra dos arquivos temporais as cookies utilizadas.

Velocidade

A máquina virtual para JavaScript considerouse un proxecto suficientemente importante como para separalo, tal como se fizo con Tamarin de Adobe/Mozilla, e foi desenvolvido por un equipo con sede en Dinamarca. As actuais implementacións deseñáronse «para porgramas pequenos, onde o rendemento e a interactividade do sistema non eran importantes». Non obstante, aplicacións Web como Gmail «están a utilizar o navegador web ao máximo cando se trata de manipulacións DOM e JavaScript». O motor JavaScript V8 resultante, foi deseñado con énfase na velocidade, e introduce novas características para este fin como transicións de clases ocultas, xeneración dinámica de código, e recolección de lixo precisa (referida á liberación de memoria). As probas de Google demostran que V8 é aproximadamente o dobre de rápido[97] que Firefox 3 e que a versión beta de Safari 4.

Moitos sitios web realizaron probas de rendemento usando a ferramenta Benchmark SunSpider para JavaScript, así como un conxunto de probas de cómputo intensivas propias de Google, as cales inclúen ray tracing e a resolución de restriccións[98]. Por unanimidade informaron que Chrome actou moito máis rápido que todos os seus competidores con que había se comparara, incluíndo Safari, Firefox 3, Internet Explorer 7 e Internet Explorer 8[99][100].

Chrome tamén almacena e usa unha caché de enderezos DNS para acelerar a carga dos sitios web[101].

Interface

Thumb
Interface de usuario de Google Chrome en Windows 7

A interface de usuario inclúe opcións para ir atrás, adelante, recargar páxina, ir e cancelar. As opcións son similares ás do navegador Safari. O deseño da xanela está baseado no tema nativo de Windows Vista.

Chrome inclúe Google Gears, que engade características para desenvolvedores que poden converterse ou non en estándar web, e xeralmente relacionados coa construción de aplicacións web (inclúendo soporte para uso fóra de liña).

A páxina de inicio do navegador substitúese por defecto pola mesma coa que aparece cada vez que se abre unha nova lapela. Isto mostra miniaturas dos nove sitios web máis visitados coas últimas buscas realizadas, os últimos marcadores accedidos e lapelas cerradas.[102] Este concepto existía xa antes no navegador Opera, coñecido como «Marcado rápido».

Unha novidade introducida en Chrome é Omnibox, sendo esta a barra de enderezos que aparece na parte superior de cada lapela, similar á de Opera. Inclúe funcións de autocompletar texto (só completará os URLs introducidos manualmente en vez de todas as ligazóns), suxestións de busca, páxinas visitadas anteriormente, páxinas populares (non visitadas) e busca de historial de navegación. O buscador tamén pode capturar os motores de busca ao usar a súa respectiva interface de usuario premendo a tecla Tab . Outra funcionalidade da Omnibox é a modalidade de «Pegar e buscar», accesible co menú contextual.[103]

Chrome permite crear atallos no escritorio que permitan lanzar aplicacións web directamente no navegador. Cando o navegador se abre deste xeito, a xanela non mostra ningún control senón só a barra de título. Isto limita a interface do navegador a «non interromper o que o usuario intente facer», o que permite ás aplicacións web executar xunto a software local (similar a Mozilla Prism, Adobe AIR e Fluid).

Chrome usa o motor de renderizado WebKit como recomendación do equipo que desenvolveu Android. Como a maioría de navegadores, Chrome foi probado a fondo antes de ser lanzado ao público. As novas compilacións do navegador son probadas de maneira automatizada en centos de miles de sitios web comunmente visitados, os cales están no índice de Google e son accedidos en menos de 20-30 minutos.

Chrome soporta a interface de programación de aplicacións de Netscape (NPAPI),[104] Ademais, Chrome non ten un sistema de extensións como o de Mozilla coa arquitectura XPInstall.[105] O soporte para applets de Java encontrase dispoñible en Chrome a partir da actualización do contorno de execución de Java 6 actualización 10 o superior.[106]

Para desenvolvedores web, Chrome inclúe un elemento de inspección similar ao que se inclúe na extensión para Firefox, Firebug.[101]

Pestanas

As lapelas son o compoñente principal da interface de usuario de Chrome e, polo tanto, mudáronse á parte superior da ventá antes que por debaixo dos controis (semellante ao navegador Opera). Este é un cambio sutil, en contraste co número actual de navegadores que se basan en ventás que conteñen lapelas. En Chrome, as lapelas son «flexibles» (incluíndo o seu estado) e pódense transferir sen problemas entre varias xanelas arrastrando. Cada lapela ten o seu propio conxunto de controis, incluída a barra de enderezos Omnibox. As ventás emerxentes (en inglés pop-ups) «limítanse ás lapelas das que viñeron» e non aparecen enriba da lapela actual senón como unha pequena barra de título na parte inferior; pódense usar cando o usuario os arrastre explicitamente. As ventás emerxentes non funcionan no seu propio proceso.

Por defecto, non hai ningunha barra de estado, a diferenza doutros navegadores que amosan unha na zona inferior da ventá de navegación. Non obstante, se o cursor do rato pasa sobre unha ligazón, o enderezo da ligazón mostrarase na parte inferior esquerda da pantalla. Do mesmo xeito que outros navegadores web como Internet Explorer o Firefox, Chrome ten un modo de pantalla completa, accesible mediante a tecla F11, que a diferenza de Explorer ou Firefox, carece dunha miniatura da barra de ferramentas de navegación.

Remove ads

Características avanzadas

  • Posibilidade de engadir e cambiar temas visuais na interface de Chrome. Para iso Google habilitou unha galería de temas visuais na Chrome Web Store[107]. A galería ata o momento contén máis de 3000 temas. Non é necesario un reinicio do navegador para aplicar o tema, xa que se instala automaticamente.
  • Soporte para engadir extensións. As extensións en Chrome están dispoñibles en modo galería para unha instalación rápida[108], con máis de 12.000 extensións dispoñibles ata o momento. Non é necesario reiniciar o navegador para aplicar algunha extensión, instálase automaticamente. As extensións tamén se poden usar en modo incógnito, e pódense seleccionar de xeito individual para o seu uso no modo incógnito.
  • Soporte nativo para scripts xerados por Greasemonkey. Con esta característica é posible empregar os scripts creados no sitio UserScript.org. Segundo o equipo de desenvolvedores de Chromium[109], actualmente hai 40.000 scripts dispoñibles no sitio UserScript.
  • Sincronización xeral de preferencias, marcadores[110], autocompletado de formularios, contrasinais, información bancaria, temas, extensións e aplicacións, todo grazas á sincronización da conta de Google en liña. Con isto pode usar a mesma configuración de Chrome e sincronizala en calquera outro computador, baseado na implementación XMPP. Só ten que ter unha conta de Google ou unha conta de correo de Gmail para acceder ao servizo de sincronización. A sincronización de lapelas e marcadores tamén afecta á versión de Chrome para Android e iOS.
  • Tradución automática de sitios Web suxerida, e todo iso grazas ao Tradutor de Google nos 52 idiomas que soporta actualmente. O sistema ten a opción para desactivar esta característica no caso de que sexa moi invasiva.
  • Os sitios que envíen notificacións de escritorio poderán facelo empregando HTML5, e tamén co uso de extensións ou aplicacións web que se executan en segundo plano poden incluso envialas coa xanela do sitio pechada[111].
  • Soporte para xeolocalización, que aproveita as características que HTML5 ten para conseguir esta tarefa. A xeolocalización é útil nos sitios sociais para mostrar onde está o usuario, e/ou compartir imáxenes ou videos de onde se atopa[112]. Esta característica xa funciona con Google Maps.
  • Integración da última versión do complemento Flash Player dentro do mesmo navegador, recibindo a colaboración e axuda de Adobe Systems Incorporated (empresa que actualmente desenvolve Flash). Isto fai aínda máis sinxelo o manexo de obxectos incrustados en sitios Webs que usan Flash. Ademais, facilita a actualización do complemento directamente desde o actualizador do navegador, e non por separado[113].
  • Visor nativo de ficheiros PDF, no que pode ampliar ou diminuír a páxina e buscar palabras do mesmo xeito que nun sitio web común. Para a protección do usuario, o visor está incluído dentro do «sandbox» de seguridade de Google Chrome. DO mesmo xeito que o complemento de Adobe Flash integrado, tamén recibe as últimas actualizaciones para o soporte de ficheiros PDF[114].
  • Consta dunha tenda en liña, Chrome Web Store[115], que recolle as aplicacións creadas en diferentes linguaxes de programación utilizadas na web, que son: HTML, XHTML, JavaScript, CSS, Adobe Flash, Java, AJAX, HTML5 (video/son incrustado), WebGL, e CSS3. As aplicacións pódense empregar conectadas a Internet, ou sen conexión a Internet. As aplicacións da Chrome Web Store tamén se poden usar noutros navegadores, sempre e cando teñan tecnoloxías web actuais.
  • Permite facer unha busca instantánea desde o navegador. Isto permite que ao escribir o nome dun sitio na barra de enderezos (Omnibox), o sitio se carga mentres aínda está a escribir, sen ter que premer a tecla Entrar. Non se activa de xeito predeterminado, pero pode habilitarse en Configuración[116].
  • Integración de Native Client, que permite a execución de código C e C++ no navegador. Native Client permite aplicacións web enriquecidas grazas á posibilidade de executar código C/C++, tal como xogos e aplicacións que requiren un linguaxe de código máis robusta[117].
  • Permite crear contas de usuario diferentes e xestionalas no mesmo navegador. Isto axuda aos usuarios a manter os seus datos sincronizados por separado no mesmo navegador[118].
  • Ofrece aceleración gráfica tridimensional a través de hardware para xogos ou vídeos empregados directamente no navegador. WebGL funciona grazas ás ferramentas que HTML5 ten e ao proxecto en si. WebGL funciona sen problemas en Linux e Mac OS X, pero en Windows hai un pequeno erro, así que o equipo de Chromium presentou unha forma de usar WebGL en Windows co proxecto chamado Angle[119], que empregará os beneficios de DirectX para usar WebGL en Windows[120].
  • Soporte nativo para WebM, o conxunto de códecs libres e abertos para reproducir contido multimedia na Web. WebM está composto polo códec de video de código aberto VP8, o códec de son libre Vorbis, e o contedor multimedia de estándar aberto Matroska[121]. YouTube no seu sitio de probas para HTML5, xa a usar WebM nos seus videos, e cada vez máis vídeos se poden atopar en YouTube usando WebM[122].
  • O estándar WebRTC, permite a comunicación de son e video de alta calidade a través da web sen plug-ins e de desenvolvemento aberto[123].
Remove ads

Opcións extra

Buscas por voz

Unha das funcións máis interesantes incluídas recentemente no navegador, é a posibilidade de buscas sen tocar o teclado mediante o comando por voz.[124]

Páxinas ocultas

Google Chrome ten algunhas páxinas ocultas, non accesibles na interface de usuario. Para acceder a eles, pode escribir varias órdenes "about:" na barra de enderezos, a lista de órdenes está dispoñible na web. Ademais, Google Chrome usa a URI «chrome» para varias ferramentas de desenvolvedores. Podes ver todas as ferramentas en «chrome://chrome-urls». Non obstante, as ferramentas deben usarse con precaución.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads