Gran Premio da China de 2009

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio da China de 2009map
Remove ads

O Gran Premio da China de 2009 (formalmente o VI Gran Premio da China Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 19 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai, República Popular da China. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009, trasladando así o Gran Premio da China da fin do campionato (como viña sendo anteriormente) ao comezo nesta temporada.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...

Sebastian Vettel de Red Bull Racing gañou a carreira despois de empezar desde a pole position. Tanto a vitoria coma a pole position eran as primeiras para o equipo Red Bull[1]. Mark Webber, tamén de Red Bull, acabou segundo seguido polos dous Brawn GP de Jenson Button e Rubens Barrichello. Os coches McLaren de Heikki Kovalainen e Lewis Hamilton remataron quinto e sexto, diante do Toyota de Timo Glock e o Toro Rosso de Sébastien Buemi, que foron sétimo e oitavo.

Ata hoxe, o GP da China nunca foi gañado pola mesma persoa por dúas veces.

Remove ads

Resumo

Vista xeral

Jenson Button de Brawn GP chega cunha vantaxe de 5 puntos no Campionato de pilotos sobre o seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello e de 1,5 puntos sobre Jarno Trulli de Toyota. Asemade no Campionato de construtores, Brawn GP adianta en 9,5 puntos a Toyota. Renault e BMW Sauber están 12,5 puntos por debaixo na terceira praza. Só dúas escuderías, Force India e Ferrari, chegan sen ningún punto nos seus marcadores.

Antes da carreira, o Tribunal da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) confirmou a legalidade dos difusores deseñados polos equipos Brawn GP, Williams e Toyota[2]. Despois desta decisión, Renault e McLaren decidiron correr cun deseño de difusores máis actualizado nos seus coches durante o conxunto da carreira[3][4]. Foi un movemento apresurado por parte de ambos os dous equipos, con axustes no Renault de Alonso por primeira vez o sábado antes da carreira[5].

Ferrari anunciou que o seu director de equipo Luca Baldisserri foi apartado das operacións de pista para ser substituído polo enxeñeiro de carreira Chris Dyer[6]. O remodelado foi emprendido despois de que Ferrari non obtivese ningún punto nas dúas primeiras carreiras da temporada[7]. Ferrari tamén anunciou que ambos os seus condutores, Kimi Räikkönen e Felipe Massa, non utilizarían o sistema KERS na carreira, citando problemas de fiabilidade e seguridade[8]. BMW Sauber, por outra parte, declaraba que Robert Kubica utilizaría o KERS por primeira vez durante a sesión de práctica do venres. Kubica non utilizara o sistema nas dúas primeiras carreiras xa que no equipo tiñan preocupacións por que o peso adicional o puxese nunha desvantaxe[9]. Non obstante, Kubica escollía non correr co dispositivo despois desta práctica, ao igual có equipo Renault, reducindo a cantidade de coches equipados co KERS a tres[10].

Ademais, os equipos e condutores italianos indicaron o seu apoio ás vítimas do terremoto de L'Aquila de 2009 a través dunha iniciativa de caridade co lema "Abruzzo nel cuore" (Abruzos no meu corazón) fomentada polos condutores italianos Jarno Trulli e Giancarlo Fisichella.[11][12] Ferrari mostraba o texto "Abruzzo nel cuore" sobre os seus coches, mentres que Trulli tiña o logo na súa funda[13]. E os coches de Toro Rosso tiñan a mensaxe "Vicini All'Abruzzo" (Todos veciños dos Abruzos)[11].

Adestramentos libres e clasificación

"O coche parecía un pouco mellor. Podo sentir máis estabilidade e mellor carga aerodinámica na parte frontal. Definitivamente demos un paso adiante de cara a esta carreira. O coche parece moito máis forte polas esquinas e creo que conseguimos unha liña de base moi positiva para o que resta de fin de semana. Na miña primeira execución das opcións sentíao bastante consistente."
Lewis Hamilton, sobre o rendemento do seu coche durante as sesións de práctica do venres[14]

Celebráronse tres sesións de práctica antes da carreira; dúas sesións o venres, 17 de abril de 2009, cada unha de 90 minutos, e outra de 60 o sábado, 18 de abril de 2009. O McLaren do Campión do Mundo Lewis Hamilton foi o máis rápido ao final da primeira sesión de práctica a mañá do venres, quedando por diante dos coches de Brawn GP de Jenson Button e Rubens Barrichello. O compañeiro de equipo de McLaren de Hamilton, Heikki Kovalainen, era o cuarto máis rápido[15]. Hamilton, cuxo McLaren MP4-24 estaba en posesión dun difusor provisional e un alerón frontal novo, rexistrou a súa volta máis rápida cun tempo de 1:37.334, ao redor dunha décima de segundo por riba de Button[16]. O Red Bull de Mark Webber foi quinto na sesión, con Trulli e Timo Glock de Toyota sexto e oitavo. Fernando Alonso, Nico Rosberg e Sébastien Bourdais compleban a táboa dos dez mellores tempos[17]. Button foi o máis rápido na segunda práctica do venres, seguido de Rosberg e Barrichello. Os pilotos de Red Bull Webber e Sebastian Vettel, quen foron os que encabezaron as follas de tempos durante as fases iniciais da sesión, clasificaban ao final cuarto e quinto respectivamente[18]. Os coches de Toyota de novo obtiveron resultados competitivos, con Trulli e Glock na sexta e oitava posicións e co Williams de Kazuki Nakajima entre eles. Os dous McLaren non puideron repetir os resultados da sesión matinal: Kovalainen acabou noveno e Hamilton, décimo terceiro[17].

O Williams de Rosberg foi o máis rápido na sesión de práctica da mañá do sábado. Rosberg, que esvaraba e saía fóra da pista á grava ao comezo da sesión, cronometrou un tempo de 1:36.133, seguido por Trulli e Hamilton[19]. Button acabou cuarto, seguido do Renault de Nelson Piquet, Jr., que rexistrou a quinta volta máis rápida da sesión. Por outra banda, o compañeiro de equipo de Piquet, Fernando Alonso, cuxo Renault R29 estreaba un difusor novo e corría sen o sistema KERS, podería soamente obter un tempo bo abondo para acadar a 19ª praza[20]. O BMW Sauber de Robert Kubica, quen tamén retiraba o seu KERS para esta sesión, melloraba significativamente os seus resultados da sesión anterior[17]. Ademais, o Toyota TF109 de Timo Glock sufriu problemas na caixa de cambios moi cedo na sesión e tiña que a cambiar para a seguinte sesión, a de clasificación. Deste xeito, Glock recibía unha sanción consistente na perda de cinco lugares na grella por este cambio[21].

Thumb
Fernando Alonso quedaba en segundo lugar, demostrando que o seu Renault mellorara.
"...se soamente tes unha volta e cometes calquera erro, se vas cargado ou o que sexa, non hai segunda posibilidade e significa que é a fin. Non era fácil pero estou moi, moi feliz. Incriblemente conseguimos a pole position ao final."
Sebastian Vettel, na conferencia de prensa tras a sesión[22]

A sesión de clasificación da tarde do sábado foi dividida en tres partes. Sebastian Vettel logrou a súa segunda pole position da súa carreira deportiva e a primeira do seu equipo, Red Bull Racing[23]. Vettel, quen só correu unha volta lanzada en cada unha das dúas primeiras partes da sesión debido a problemas cos palieres do seu coche, desprazaba a Fernando Alonso por dous décimas de segundo nos últimos momentos da terceira parte[24]. O outro piloto de Red Bull, Mark Webber, acabou en terceiro lugar, inmediatamente diante dos coches Brawn GP de Barrichello e Button. Kimi Räikkönen, despois dunha actuación decepcionante durante práctica, asegurou a oitava posición detrás dun Trulli sexto e dun Rosberg en sétimo lugar. Hamilton e o Toro Rosso de Sébastien Buemi completaron as dez primeiras posicións da grella[25]. Nick Heidfeld, Heikki Kovalainen, Felipe Massa, Timo Glock e Kazuki Nakajima fixeron tempos para saír desde o undécimo ata o décimo quinto posto na grella. Os pilotos eliminados na primeira sesión e que clasificaron desde a décimo sexta á vixésima praza foron Sébastien Bourdais, Nelson Piquet, Robert Kubica, Adrian Sutil e Giancarlo Fisichella[25]. Debido á sanción de cinco lugares, Glock foi atrasado ata o décimo noveno lugar e Nakajima, Bourdais, Piquet, Kubica e Sutil avanzaron unha posición na grella de saída[26].

Carreira

Thumb
Sebastian Vettel obtivo a primeira vitoria do equipo Red Bull Racing na Fórmula 1.
Thumb
Mark Webber completou unha carreira perfecta ao mando do seu Red Bull, finalizando segundo.
Thumb
Jenson Button mantivo o seu liderado no campionato acabando terceiro.

Robert Kubica e Timo Glock empezaron desde o pit lane. Debido á forte chuvia, as primeiras oito voltas da carreira foron dirixidas polo coche de seguridade. Sutil, Rosberg e Alonso facían a súa primeira parada durante o tempo no que estivo o coche de seguridade en pista, así que quedaron ao final da fileira de monoprazas cando se deu bandeira verde. Lewis Hamilton conseguiu un rápido progreso e adiantou a Jarno Trulli e Kimi Räikkönen, antes de que na volta 12 un trompo o volvese atrasar ata a décima posición. Mentres tanto, Jenson Button adiantou a Rubens Barrichello e colocouse terceiro despois de que o brasileiro se fose longo na trazada.

Trulli e Räikkönen foron bastante lentos nas primeiras voltas e foron perdendo posicións. Hamilton volveu progresar unha vez máis e acadaba o posto sete na volta 11, antes de cometer outro erro que o deixaba nun lugar máis atrás. Webber fixo a súa primeira parada programada na volta 14 e Vettel na seguinte. Neste punto, Button desfíxose de Barrichello, Vettel, Buemi, Massa e Webber.

Na volta 17, Robert Kubica chocou contra Jarno Trulli tras ir emparellados ata o final da última curva. Kubica danou o seu aleron dianteiro e Trulli o seu traseiro, o que lle fixo arrastrarse lentamente unha volta ata o pit para retirarse. O coche de seguridade saíu de novo debido a algúns anacos de restos dos coches deixados na pista. Mentres evitaba ao lento Trulli, Vettel sufriu unha colisión menor con Buemi, danando a súa parte dianteira. Buemi fixo entón a súa parada, xunto con Sutil e cos dous pilotos de Brawn GP.

Felipe Massa sufriu un problema eléctrico co coche de seguridade en pista, que o obrigou a deterse na recta posterior. Na reanudación, Sébastien Bourdais trompeou antes da bandeira verde e baixou moitos lugares. A carreira continuou con Vettel na cabeza, por diante de Button, Webber, Räikkönen, Hamilton, Barrichello, Kovalainen e Buemi (conformando as oito primeiras posicións).

Piquet chocou na volta 28 e danou a parte frontal, aínda que foi quen de continuar. Na volta seguinte, Button non conseguiu frear a tempo, permitindo a Webber o adiantamento. Webber saiuse do asfalto dúas voltas máis tarde e Button recuperou o posto que perdera, ata que Webber o pasou pola zona exterior na curva 7.

Hamilton fixo a súa única parada programada na volta 33, e o seu compañeiro de equipo Kovalainen facía o mesmo unha volta máis tarde. Vettel parou na volta 37 e Webber na 39, mentres que os dous coches de Brawn continuaron ata a 42 (Button) e a 43 (Barrichello). Buemi foi o último condutor en facer a parada, na volta 45, tras a cal a orde de carreira era: Vettel, Webber, Button, Barrichello, Hamilton, Kovalainen, Sutil e Heidfeld. Nico Rosberg probara pneumáticos intermedios na súa segunda parada pero deu un trompo e volveu ao pit para pór outra vez os de mollado.

Thumb
Rubens Barrichello fixo a volta rápida aínda que só acadou a cuarta praza.

Hamilton seguiu con moitos erros, de xeito que Kovalainen e Sutil foron capaces de pasalo. Entón na volta 51, Sutil chocou fortemente antes da curva 5, rematando aí a súa carreira. Heidfeld tivo que evitar o pneumático de Sutil que rodara pola pista e Glock e Buemi adiantárono.

Vettel permaneceu na cabeza ata a fin, logrando a súa segunda vitoria nun Gran Premio e a primeira para o equipo Red Bull Racing. O seu compañeiro de equipo Webber logrou o seu mellor resultado nunha carreira en segundo lugar, mentres que Button, conformando o resto do podio, conseguía o seu terceiro podio consecutivo. Barrichello acababa cuarto, quinto Kovalainen, sexto Hamilton, sétimo Glock e oitavo Buemi.

No podio, houbo unha confusión cando "God Save the Queen", a himno nacional británico soou en honor a Red Bull no canto de "Land der Berge, Land am Strome", o himno nacional austríaco. Red Bull Racing ten a súa base no Reino Unido, pero está rexistrada coa autoridade de carreira nacional austríaca, reflectindo a súa propiedade austríaca.

Remove ads

Clasificación

Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...
  • Nota 1. Timo Glock recibiu unha penalización de 5 prazas por mudar a súa caixa de cambios durante a práctica do sábado[27].

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Campionato tras a carreira

Máis información Pos, Condutor ...
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads